GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

MARCO NORMATIVO BÁSICO

 

 Versión consolidada de la Ley Orgánica 4/2000, de 11 de enero, sobre derechos y libertades de los extranjeros en España y su integración social (en su redacción dada por las leyes orgánicas 8/2000, de 22 de diciembre, 11/2003, de 29 de septiembre, 14/2003, de 20 de noviembre y 2/2009, de 11 de diciembre)


  ·  Nacional

  ·  Union Europea

  ·  Internacional

  ·  Xurisprudencia 


 

 

NORMATIVA AUTONÓMICA

 
    A normativa autonómica ten o seu asento no Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril), onde se marcan as competencias da comunidade autónoma (exclusivas ou compartidas) nos ámbitos de educación, cultura, emprego e formación, sanidade, vivenda e benestar social, todos eles ámbitos de actuación para a integración social da poboación inmigrante.
 
   O Decreto 44/2006, do 2 de marzo, establece a estrutura orgánica da Presidencia da Xunta de Galicia, regulando as competencias da Secretaría Xeral de Emigración, que depende funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e or­ganicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Conta con cinco subdireccións xerais, das cales destacan, polas súas competencias en materia de inmigración, a Subdirección Xeral de Planificación das Políticas do Retorno e da Inmigración, e a Subdirección Xeral de Xestión das Políticas do Retorno e a Inmigración.
 
   A Secretaría Xeral de Emigración desenvolveu o Plan Galego de Cidadanía, Convivencia e Integración 2008-2011, que foi aprobado o 7 de febreiro de 2008.
 
NORMATIVA LOCAL
 
   A referencia normativa no nivel local é, como explicamos no punto anterior, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administra­ción local de Galicia.
 
Competencias das entidades locais en materia de inmigración
Son varios os niveis das administracións públicas con incidencia na acción pública referida á inmigración.
Dunha parte, existe unha crecente importancia das políticas comúns europeas na materia.
Doutra parte, de acordo co establecido na Constitución, o Estado ten a exclusividade competencial no relativo á na­cionalidade, estranxeiría, emigración, inmigración e dereito de asilo. A acción normativa estatal diríxese á fixación das condicións de acceso, a xestión dos continxentes e dos procesos de regularización. A acción estatal non normativa marca as pautas a seguir polas comunidades autónomas nas políticas de integración (un exemplo disto é o programa GRECO).
As comunidades autónomas están habilitadas, sempre en sentido positivo e complementario á acción do Estado, para lexislar e levar a cabo accións para desenvolver a política de integración social das persoas inmigrantes. O concepto de integración social das persoas inmigrantes abarca unha serie de dimensións relacionadas co exercicio dun conxunto de dereitos civís, económicos, sociais e culturais. Estes dereitos afectan a diversos ámbitos competenciais e sectoriais tales como educación, cultura, emprego e formación, sanidade, vivenda e benestar social, todos eles competencias, exclusi­vas ou compartidas, da Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido no mesmo Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril).
Configúrase así un repartimento competencial en materia de inmigración que pon de relevo a importancia da interrela­ción dos ámbitos internacional e europeo, estatal, rexional e local na xestión das políticas de inmigración.
 
¿Cal é o papel da Administración local?
A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, establece como competencia básica das administracións locais servir os intereses públicos de acordo cos principios de eficacia e servizo aos cidadáns. No seu artigo 57 establece os dereitos e deberes dos veciños e veciñas, entre os que figuran:
“A inscrición dos estranxeiros no padrón municipal non constituirá proba da súa residencia legal en España nin lles atri­buirá ningún dereito que non lles confira a lexislación vixente, especialmente en materia de dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.
Os estranxeiros menores de idade emancipados ou xuridicamente habilitados terán os mesmos dereitos e deberes que os veciños, a excepción dos de carácter político”.
O municipio “poderá promover toda clase de actividades e prestar todos os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños”. Nas materias recollidas no capítulo IV: Competencias, artigo 80, non se especifica unha política de integración, pero si multitude de ámbitos que cumpren un papel nesta:
-      A seguridade en lugares públicos.
-      A promoción e xestión de vivendas.
-      Os abastos, matadoiros, feiras, mercados e a defensa de usuarios e consumidores.
-      A protección da salubridade pública.
-      A participación na xestión da atención primaria da saúde.
-      Os cemiterios e servizos funerarios.
-      A prestación dos servizos sociais e a promoción e reinserción sociais.
-      Transporte público de viaxeiros.
-      As actividades e instalacións culturais e deportivas, a ocupación do tempo de lecer.
-      A participación na programación da educación, a intervención nos órganos de xestión dos centros docen­tes e a participación na vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria.
-      A execución de programas propios destinados á infancia, xuventude, muller e terceira idade.
-      A participación na formación de activos e desempregados.
Concretamente, as competencias en materia de servizos sociais establécense nos artigos 80.2.k e 81.c da Lei de Admi­nistración local de Galicia. Segundo esta norma, e polo que fai referencia ás persoas inmigrantes, xustifícase o deseño e desenvolvemento de programas locais de integración, de acordo co principio de descentralización, e en coordinación coas políticas sociais autonómica e estatal.
Así mesmo, na sección 3, artigo 86, sinálase que os municipios poden exercer actividades complementarias das propias doutras administracións públicas e, “en particular, as relativas a educación, a cultura, a xuventude e o deporte, a pro­moción da muller, a vivenda, a atención primaria á saúde, a ocupación e a loita contra o paro, os arquivos, museos, conservación de música e centros de belas artes, o fomento de estruturas agrarias e a prestación de servizos de interese público agrario e a protección do medio ambiente”.

 



 ACTIVIDADES

Decembro 2017
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas