GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

PADRÓN

 

Empadroarse é o mesmo que rexistrarse ou inscribirse no Padrón Municipal, un rexistro onde figuran todos os veciños do pobo ou cidade.

Poden empadroarse tanto as persoas españolas como estranxeiras, con independencia de que teñan regularizada a súa situación administrativa.

Para empadroarse é necesario dar os datos da vivenda en que se vive e acreditalo: pódelo acreditar co contrato do aluguer, factura do gas, auga, etc

Se hai un maior de idade con anterioridade no mesmo domicilio, este debe autorizalo.

Esta xestión realízase no Concello.

Se cambias de domicilio é obrigatorio darse de alta no novo Concello.
Se es estranxeiro non comunitario sen autorización de residencia permanente, deberás renovalo cada dous anos.
é importante o lugar onde se está empadroado, xa que os servizos públicos, servizos sociais, centros escolares, centros médicos, etc, están organizados por zonas xeográficas e corresponden uns ou outros segundo o lugar de empadroamento.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA EMPADROARSE

Solicitar na Oficina do Concello que che corresponda de acordo ao teu domicilio:
-O formulario de Alta Individual ou Colectivo
-Fotocopia e orixinal do pasaporte
-Fotocopia e orixinal do contrato de aluguer ou a autorización asinada polo dono da vivenda onde esteas aloxado. Se é o caso, deberá incluírse no formulario para poder empadroarse no teu domicilio.
-En caso de fillos, presentarás fotocopia e orixinal dos pasaportes e libro de familia.

Se cambias de domicilio deberás solicitar por escrito o alta no municipio onde fixes a túa nova residencia.

O municipio dentro dos primeiros dez días do mes seguinte notificará ao teu antigo municipio para solicitar a baixa do padrón.

O volante de empadroamento:

Constancia que che dará o teu municipio para acreditar o teu empadroamento. Debes solicitalo para realizar trámites administrativos onde non sexa necesario unha proba rigorosa; como solicitar axudas escolares, servizos sociais, en tarifas de transporte, etc.

Certificado de empadroamento:

Requirirálo cando sexa necesario acreditar o teu empadroamento ante Tribunais de Xustiza, organismos estranxeiros, etc.


 



 ACTIVIDADES

Agosto 2017
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas