GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Deputación promove un curso para formar empresarios na emigración

(11/01/2010)

A Deputación promove un curso para formar empresarios na emigración

Autor:
La Voz
Data de publicación:
10/1/2010

A Fundación Galicia Innova organiza o Programa Fundación Galicia Empresarial Mozo + Innova, financiado polo Ministerio de Traballo e Inmigración, para axudar na promoción e inserción laboral aos mozos españois residentes no exterior.

A Coruña acollerá, entre o 18 de xaneiro e o 18 de marzo, un programa formativo de 350 horas lectivas no que participarán un total de 15 mozos descendentes de españois residentes en Arxentina, México, Uruguai, e República Dominicana, e cuxo obxectivo será dar unha visión integradora sobre a xestión empresarial avanzada. O encontro contará coa participación do presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e da directora xeral de Cidadanía Española no Exterior, Pilar Pin.

Entre os obxectivos desta acción atópase o fomento da participación da mocidade española no exterior co mercado laboral español, o fortalecemento do perfil do emprendedor entre os mozos españois da diáspora e a ampliación da formación profesional dos nosos cidadáns no exterior. A este programa puideron presentarse novas españois nacionalizados, menores de 35 anos e residentes nos países mencionados. Os prazos pecháronse o 23 de decembro e no proceso de selección tivéronse en conta o grao formativo do solicitante e a súa experiencia laboral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas