GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A maioría das mulleres que traballan en clubs de alterne da área son brasileiras e romanesas

(03/12/2009)

A maioría das mulleres que traballan en clubs de alterne da área son brasileiras e romanesas

Médicos do Mundo presentou un estudo sobre a prostitución na comarca

Autor:
Juan Torreiro
Data de publicación:
2/12/2009

 

Con motivo da celebración do Día Mundial contra a Sida, o Consorcio As Mariñas presentou onte, dentro de marco da campaña 16 días de activismo contra a violencia , o informe Intervención sociosanitaria con mulleres en situación de prostitución, realizado pola organización non gobernamental Médicos do Mundo, en colaboración da Secretaría Xeral de Emigración, e que se desenvolveu ao longo do presente ano en clubs de alterne dos municipios da área metropolitana coruñesa co obxectivo de conseguir que as mulleres se integren na rede pública de recursos sociosanitarios.

O informe é froito dun traballo de campo realizado pola oenegué nun total de sete clubs salpicados por distintos concellos da área metropolitana coruñesa, onde se atendeu a un total de 382 mulleres en situación de prostitución. Esta actuación incluíu orientación e atención psicolóxica, ademais de sanitaria e social ás prostitutas, así como a impartición de talleres individuais e colectivos. Ademais, Médicos do Mundo repartiu materiais de carácter preventivo, como preservativos, masculinos e femininos, lubricante e folletos informativos.

Os sete clubs de alterne testados por Médicos do Mundo, situados nos municipios de Arteixo, Sada e Bergondo, presentan particularidades distintas en canto á idade e orixe das mulleres que traballan nestes locais, aínda que o informe destaca a existencia de dous perfís maioritarios: en primeiro lugar é maioritaria a presenza de mulleres de nacionalidade brasileira de entre 25 e 34 anos de idade (88 en total), e o segundo lugar ocúpano as romanesas de entre 18 e 24 anos, que suman un total de 78.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas