GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As Casas de Galicia forxan líderes

(24/11/2009)

As Casas de Galicia forxan líderes

Fillos de emigrantes de Arxentina e Uruguai participarán nun adestramento para directivos deseñado por Joaquín Dosil, doutor en Psicoloxía da Universidade de Vigo, e Daniel Álvarez

VOTE ESTA NOTICIA


SANDRA PENELAS Búscanse fillos de emigrantes de entre 23 e 35 anos dispostos a protagonizar a substitución xeracional á fronte das Casas de Galicia e modernizar o movemento asociativo no exterior. Dous expertos da empresa galega QCoach elaboraron un programa de adestramento directivo por encargo da Secretaría Xeral de Emigración que porán en marcha a finais desta mesma semana en Bos Aires.
Os responsables do curso son Joaquín Dosil, doutor en Psicoloxía da Universidade de Vigo, e Daniel Álvarez. A súa experiencia está detrás da formación de directivos de numerosas empresas, a campaña dos candidatos do PP de Pontevedra nas eleccións autonómicas e os éxitos deportivos de Miguel Anxo Lotina ou Jorge Lorenzo.
"A Xunta quere que as mocidades tomen a substitución nas comunidades galegas. Historicamente foron fortísimas en todos os países porque as persoas estaban moi unidas, pero nas novas xeracións este sentimento non é tan forte e pode desaparecer. Trátase de tomar iniciativas antes de que ocorra isto", destaca Álvarez.
O experto vigués impartirá clases durante tres días "27, 28 e 29 de novembro" a unha vintena de descendentes de emigrantes que residen en Arxentina e Uruguai. Durante as sesións poranse en práctica habilidades directivas: liderado, traballo en equipo e falar en público. "Farase todo de forma moi participativa e integradora, para que as apliquen canto antes á súa realidade", engade.

Taller a distancia

Os participantes no adestramento volverán reunirse outras dúas veces en decembro, xa sen Álvarez, "para compartir o seu plan de acción persoal e enriquecer a todo o grupo". O curso finalizará con dous talleres de reforzo a distancia a través da plataforma Galicia Aberta.
Os requisitos para ser un bo líder son compartir "a sensación de comunidade cos galegos que viven no exterior e os de aquí", así como crer no movemento asociativo e nas posibilidades de "adaptarse aos novos requirimentos da sociedade global".
"O asociacionismo no exterior non só pode adaptarse á nova sociedade global, senón liderala. Sería unha pena deixar que a potencia inmensa que ten Galicia fóra das nosas fronteiras dilúase", opina Daniel Álvarez.
Se os resultados son prometedores, a Xunta estenderá o curso a outros países con forte presenza de emigrantes. "Parécenos un proxecto interesantísimo, eu mesmo teño familiares en Arxentina, e depositamos nel moitísima ilusión. Para nós é como unha misión lograr que a influencia galega no exterior perviva", destaca o experto.
Fortalecer as comunidades de emigrantes levará ademais réditos económicos: "Se hai máis relacións entre os galegos que residen nun país será máis fácil que unan as súas potencias empresariais".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas