GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Universidade de Almería consolídase como espazo pioneiro en materia migratoria

(11/11/2009)

A Universidade de Almería consolídase como espazo pioneiro en materia migratoria

O Reitor da Universidade de Almería, Pedro Molina, e a Secretaria de Estado para as Migracións, Consuelo Rumí, acordan as liñas de traballo do Centro de Investigación das Migracións para convertelo nun referente nacional na formación, a reflexión e a investigación nesta materia

Molina, Rumí e Checa



ALMERÍA.- O Reitor da Universidade de Almería, Pedro Molina, e a Secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Consuelo Rumí, formalizaron o acordo que permitirá o desenvolvemento das novas actividades do Centro de Investigación das Migracións creado o pasado mes de maio.

Os obxectivos do Centro para a Investigación das Migracións van a estar centrados na investigación, a reflexión e a formación en torno ao fenómeno migratorio, destacou o Reitor, quen manifestou que este Centro “nace coa vocación de ser un instrumento ao servizo da sociedade, facilitando toda a información e resultados das investigacións aos organismos públicos para axudar na toma de decisións” en torno a un proceso, dixo, “que é irreversible”, en referencia tanto á emigración (españois que traballan fóra do noso territorio) como á inmigración (estranxeiros que veñen a traballar a España).

Outro dos piares deste proxecto, a formación, realizarase segundo sinalou o Reitor nunha dobre vía: “por un lado, vaise a formar a novos técnicos e investigadores conforme a criterios de calidade e excelencia e por outro, vaise a favorecer a mobilidade e o intercambio de investigadores dentro dos programas de formación e de investigación, desenvolvendo unha rede de traballo interdisciplinar con equipos punteiros españois e estranxeiros”.

O Centro de Investigación das Migracións esta chamado a converterse nun referente a nivel estatal neste tipo de estudos, destacou a Secretaria de Estado de Emigración e Inmigración, para a que é “un orgullo que se constitúa en Almería”. Rumí subliñou a vinculación existente entre a Universidade de Almería e a Secretaria de Estado para a Inmigración e a Emigración, “reforzada con este novo acordo”, dixo, “un proxecto con vontade de colaboración permanente”.

Neste sentido, o Director do Centro, Francisco Checa, resaltou o apoio de investigadores a este Centro e o traballo que se vén realizando desde a Universidade de Almería polo que, dixo, “non é casual que o centro se sitúe nesta universidade ”.

Aínda que o Centro de Investigación das Migracións xa está en funcionamento, a súa sede definitiva situarase nun espazo dentro do Edificio de Institutos e Centros de Investigación da Universidade de Almería, cuxa finalización está prevista para finais do próximo curso.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas