GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba declara a súa satisfación polo avance na procura de solucións para o hospital do Centro Galego de Bos Aires

(11/11/2009)

Camba declara a súa satisfación polo avance na procura de solucións para o hospital do Centro Galego de Bos Aires

 

Reuniuse estes días cos membros das agrupacións do Centro Galego e cos membros do Padroado local da Fundación Galicia Saúde.

Anuncia a realización dunha auditoría das contas do hospital e que se chegasen a detectarse irregularidades, levarase o tema á Fiscalía anticorrupción do Estado español.

O Secretario de Emigración destacou a celebración en Montevideo do Consello de Comunidades Galegas que permitirá marcar “os temas de futuro” e as posicións que seguirá a Xunta de Galicia na súas políticas en canto emigración e acción exterior.

 

Buenos Aires, 7 de novembro de 2009.- O Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba, asegurou este sábado en Buenos Aires que a Xunta está a traballar conxuntamente cos membros do Centro Galego para atopar a “mellor das solucións posibles” para a xestión do Hospital do Centro Galego e manifestou a súa satisfacción polo avance nas conversas nese ámbito. “En moi poucos días teremos unha solución a esta situación”, indicou.

O titular de Emigración vén de participar estes días na capital arxentina en diversas reunións con membros do padroado da Fundación Galicia Saúde, “para tentar reverter a situación na que se atopa o hospital”. “Dende a Xunta de Galicia –asegurou- non vamos permitir que este tipo de institucións atravesen unha situación que se converta en irreversible, polo que estamos a procurar unha solución”.

Camba sinalou que avanzar nestas xestións é o motivo principal da súa viaxe ao país austral e rexeitou as declaracións que sinalan a proposta do Padroado celebrado fai uns días en Buenos Aires como “privatización” do Centro Galego posto que, segundo explicou, o centro “xa é privado”. Neste sentido, asegurou que o que se está a facer é “procurar unha solución para mellorar a súa xestión”.

O Secretario de Emigración informou que, nese encontro, “a Conselleira de Sanidade puxo enriba da mesa unha opción, que probablemente sexa a máis viable, e nese sentido, comezamos unhas conversas no último padroado, que hai que madurar”. Trátase, subliñou, de “atopar unha solución” á situación que cualificou como “calamitosa”. Neste sentido, indicou que é “sorprendente a xestión realizada nos últimos tres anos”, pasando de ter “un déficit de algo máis de 30 millóns de pesos e, logo do investimento de 9 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia, nestes momentos as primeiras estimacións arroxan un déficit de máis de 80 millóns”.

Para aclarar a situación económica actual do Hospital do Centro Galego, Santiago Camba avanzou que “se vai encargar unha auditoría e que, no caso de detectar situacións atípicas ou irregularidades na xestión do centro sanitario, se porá a información en mans da Fiscalía anticorrupción do Estado español, por tratarse dunha fundación española”.

O titular de Emigración do Goberno galego avanzou que as conversas coas cinco agrupacións que conforman o Centro Galego e cos membros do “padroado local” da Fundación desenvolvéronse nun “total ambiente de cordialidade e amizade” e quedou patente “a boa vontade” das partes. Así, trasladou que “hai un grande avance” e unha coincidencia total no obxectivo que é “a boa xestión do hospital”. Nestes días, aclarou, “houbo moitos intercambios de puntos de vista e posicións” e “xa estamos a barallar unha nova data para a próxima reunión do Padroado da Fundación Galicia Saúde, que permita aos membros do Centro Galego estudar opcións e propostas para levar ao encontro”.

Así mesmo, indicou que “existe un mal estar tamén no propio Centro Galego pola politización que se está a facer deste asunto”, polo que pediu a máxima colaboración de todos os implicados para non continuar nesta situación que só prexudica ao centro e aos seus asociados. “O que queremos é sacar adiante unha institución que está mal por unha mala xestión nos últimos anos”, sinalou.

 

IX Pleno do Consello de Comunidades Galegas

O Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia tamén fixo mención, no seu encontro coa prensa da emigración arxentina, ao vindeiro Consello de Comunidades Galegas que se celebrará os días 7 e 8 de decembro en Montevideo.

Camba asegurou que é a segunda vez na historia deste foro que se celebra fóra de España e que é moi significativo ter elixido un país no que o 70 % dos españois residentes son de orixe galega e que se teñen ampliado a 4 as ponencias sobre as que se falará, facendo especial fincapé no referente a muller, xuventude e renovación dos centros, considerándoos “os temas de futuro”. Nesta liña, asegurou que estes encontros permiten facer unha posta en común coas institucións galegas de todo o mundo e permiten marcar as posicións que seguirá a Xunta de Galicia na súas políticas en canto emigración e acción exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas