GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Estrada prepara un ambicioso plande integración para inmigrantes

(04/11/2009)

A Estrada prepara un ambicioso plan de integración para inmigrantes

As actividades de apoio, asistencia xurídica, educación e actitudes saudables poranse en marcha este ano

Autor:
La Voz
Data de publicación:
4/11/2009

O departamento de Servizos Sociais do Concello estradense elaborou un ambicioso programa de axuda aos inmigrantes que quere pór en marcha xa este mesmo ano, ampliando os servizos existentes, e que suporá actuacións en materia de apoio, información, asistencia xurídica, educación e fomento das actitudes saudables, ademais da edición dunha guía multilingüe.

O programa de integración dos inmigrantes poderá levar a cabo contando co apoio e financiamento da secretaría xeral de Emigración.

Un dos alicerces do programa será a contratación dun avogado que facilitará toda a asistencia xurídica e administrativa aos estranxeiros residentes no municipio que soliciten este servizo.

Este profesional terá un despacho, presumiblemente no Concello, onde atenderá durante tres horas á semana todas as consultas e cuestións que lle expoñan, colaborando na tramitación de permisos de residencia e de traballo, asistencia xurídica laboral, e demais trámites administrativos.

Ámbito educativo

Outra iniciativa do programa está orientada ao ámbito escolar. As actividades, realizadas en forma de xogos para aulas completas, terán como referente o coñecemento das distintas culturas, colectivos e comunidades da contorna máis próxima, facendo visibles outras realidades culturais aos máis pequenos e incidir no valor do seu coñecemento. A idea é derrubar estereotipos e prexuízos que xeran a intolerancia. Esta actividade realizarase ata final de ano nos colexios.

A terceira liña de actuación orientarase a sensibilizar ás mulleres inmigrantes como promotoras de actitudes saudables dentro da súa unidade familiar. Celebrarase un obradoiro con quince sesións e un monitor.

E tamén se elaborará unha guía multilingüe que facilite a integración na nosa sociedade aos emigrante retornados e inmigrantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas