GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Foro Galego de Inmigración critica que a lei recorta dereitos fundamentais

(30/10/2009)

Foro Galego de Inmigración critica que a lei recorta dereitos fundamentais



Santiago de Compostela, 30 oct (EFE).- O Foro Galego de Inmigración denunciou hoxe que a Lei de Estranxeiría aprobada onte no Congreso recorta dereitos fundamentais aos inmigrantes e criminaliza ás persoas que se atopan en situación de irregularidade administrativa.

A través dun comunicado, o Foro Galego de Inmigración lamenta a falta de tempo para estudar e tomar en conta as propostas presentadas polo Goberno e engade que o texto aprobado non mellora nada o primeiro texto enviado polo Executivo.

Segundo este foro, que agrupa a máis de oitenta asociacións, "o grupo socialista priorizou de forma descarada a pura aritmética parlamentaria, sen ter en conta os dereitos de máis de 5 millóns de persoas que son veciños de todos".

O Foro fai "directamente responsable" ao Goberno central e ao presidente, José Luís Rodríguez Zapatero, do "intolerable recorte" de dereitos fundamentais para as persoas inmigrantes.

Finalmente, desde este colectivo anuncian que seguirán traballando na defensa dos dereitos destas persoas e mobilizando á sociedade para mostrar a solidariedade coas persoas inmigrantes "lamentablemente maltratadas" polo Goberno. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas