GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise frea a entrada de inmigrantes clandestinos na UE

(29/10/2009)

A crise frea a entrada de inmigrantes clandestinos na UE
(AFP)  fai 17 horas

MADRID  O número de inmigrantes clandestinos interceptados nas portas da Unión Europea (UE) diminuíu claramente desde principios de ano pola crise económica, segundo dixo este mércores en Madrid un responsable de Frontex, a axencia europea de control de fronteiras.

En total, 51.600 emigrantes clandestinos foron interceptados nas fronteiras terrestres e marítimas da UE nos seis primeiros meses do ano, é dicir, un 17% menos que en 2008 no mesmo período, declarou o director adxunto de Frontex, Gil Arias Fernández, durante unha rolda de prensa.

Atribuíu esta diminución á crise económica que reduce aos ollos dos posibles emigrantes as perspectivas de atopar un emprego en Europa e as súas posibilidades de financiar unha viaxe. "Ninguén arrisca a súa vida se non ten unha vida mellor en perspectiva", declarou Fernández, estimando que o número de chegadas de inmigrantes clandestinos na UE seguirá baixando de aquí a finais de ano e en 2010. "A crise económica que afecta a Europa afecta tamén a África e, polo tanto, tamén é máis difícil para eles reunir o diñeiro suficiente para a súa viaxe"

Grecia é o país onde máis inmigrantes clandestinos foron interceptados desde principios de ano, cun 70% do total, por diante de Italia (13%) e España (ao redor do 9%), informou o responsable de Frontex.

As chegadas de inmigrantes clandestinos por vía marítima reducíronse notablemente en España e en Italia desde principios de ano. Pero aumentaron moito en Grecia, onde pasaron de 9.500 nos seis primeiros meses de 2008 a 14.000 entre xaneiro e xuño pasados, debido principalmente a un fluxo constante de afgáns e somalíes.

Fernández atribuíu este aumento á falta de cooperación por parte de Turquía, que asinou fai unha dez anos con Grecia un acordo de readmisión de clandestinos que transitasen polo seu territorio.

Subliñou que estas cifras non teñen en conta os rexeitados nos aeroportos, xa que non son necesariamente inmigrantes clandestinos e Frontex limítase ás fronteiras exteriores da UE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas