GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

CONTROL XUDICIAL EN CENTROS DE DETENCION DE INMIGRANTES EN ESPAÑA

(23/10/2009)

CONTROL XUDICIAL EN CENTROS DE DETENCION DE INMIGRANTES EN ESPAÑA
MADRID, 22 (ANSA) - Parlamentarios españois recibiron hoxe no Congreso a 16 representantes dunhas 160 asociacións de inmigrantes, a quen lles aseguraron que unha das emendas parciais á nova Lei de Estranxeiría será a de pór control xudicial e asistencia sanitaria en centros de detención.
Así o aseguraron a ANSA os deputados Esperanza Esteve, do Partido Socialista de Cataluña, e Gaspar Llamazares, de Esquerda Unida.
Agregaron que o prazo de ampliación de retención de inmigrantes nos centros -de 40 a 60 días- segue "de momento" como estaba no proxecto de Lei.
Ademais, os deputados anunciaron que a próxima semana reunirase a comisión de Traballo e Inmigración no Parlamento para votar as emendas parciais á Lei de Estranxeiría. O Partido Socialista, no goberno nacional, conseguiu a mediados de setembro rexeitar as emendas de totalidade á Lei de Estranxeiría presentadas polo Partido Popular, os nacionalistas vascos e grupos de esquerda.
A nova normativa, que foi criticada por organismos de dereitos humanos, conta con puntos polémicos como a ampliación de prazos nos Centros de Internamento para Estranxeiros (CIE), e a limitación da reagrupación familiar. DFB

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas