GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rueda resalta que a Xunta incrementa unha media de 500 € as contías das BEME máster para atraer aos 250 mellores expedientes universitarios do exterior na súa sétima convocatoria

(13/01/2023)

Rueda resalta que a Xunta incrementa unha media de 500 € as contías das BEME máster para atraer aos 250 mellores expedientes universitarios do exterior na súa sétima convocatoria

Subliña que estas axudas se inclúen na Estratexia Galicia Retorna que busca favorecer “o regreso de 30.000 galegos no exterior ata 2026”.

 

O obxectivo destas bolsas BEME é “mellorar a formación dos universitarios” e promover que estes mozos e mozas se incorporen ao mercado laboral e fixen a súa residencia en Galicia.

 

As axudas, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, aumentan entre 350 e 750 euros, ata acadar bolsas de entre 7.500 e 12.000 euros, en función da duración do mestrado e o continente de procedencia da persoa beneficiaria. 

 

A Secretaría Xeral da Emigración destinará 2,3 millóns a esta medida.

 

Con esta nova convocatoria, a Xunta terá ofrecido entre 2017 e 2023 un total de 1.400 oportunidades de retorno a mozas e mozos para estudar un mestrado universitario ou de Formación Profesional.

 

Imagen del Consello de la Xunta celebrado hoy en la capital de Galicia

Imaxe do Consello da Xunta celebrado hoxe na capital de Galicia

 

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2023.

 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello deu o visto e prace a sétima edición das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME Máster) da Secretaría Xeral da Emigración que inclúe un aumento medio de máis de 500 euros nas contías das axudas para que 250 universitarias e universitarios galegos no exterior regresen a Galicia para estudar un mestrado. “Esta é unha das medidas incluídas na nova Estratexia Galicia Retorna que ten o obxectivo de favorecer o regreso de 30.000 galegos ata o ano 2026”, sinalou o titular do Goberno galego.

 

Rueda destacou que estas bolsas para cursar un mestrado universitario teñen un dobre obxectivo: “que os mozos no exterior melloren a súa formación” e que se incorporen ao mercado laboral e fixen a súa residencia en Galicia. “A maioría dos mozos que reciben estas bolsas quedan vivindo en Galicia ao incorporarse aquí ao mercado laboral”, resaltou o presidente.

 

O Consello autorizou un informe sobre o aumento na contía individual destas bolsas de cara á nova convocatoria. O incremento, que oscila entre os 750 e os 350 euros en función da duración do mestrado e o continente de procedencia da persoa beneficiaria, elevará o orzamento total desta medida ata os 2,3 millóns de euros, 150.000 máis (o 7 %) que na anterior convocatoria. Esta suba quere paliar os efectos da inflación que está a rexistrarse a nivel mundial.

 

A Xunta busca, a través desta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, impulsar a captación dun total de 250 tituladas e titulados universitarios galegos de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñería ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas. A medida, incluída na recentemente aprobada Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, pretende facilitar o retorno de galegas e galegos de alta cualificación do exterior, ao tempo que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial.

 

Con este obxectivo, todas e todos os beneficiarios destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende, non só captar para Galicia o talento máis brillante de entre as mozas e mozos residentes no estranxeiro fomentando o retorno da poboación activa laboral, senón tamén facilitarlles o seu establecemento definitivo na Comunidade. Para iso, a Xunta ten deseñado unha oferta académica centrada en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego.

 

Requisitos para ser beneficiario ou beneficiaria e dotación das bolsas 

 

As persoas beneficiarias da iniciativa deben ser galegas por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitidas na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas.

 

A bolsa, cuxo importe é de 7.500 ou 8.000 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60-72 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aquelas e aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de entre 11.250 e 12.000 euros (en función do continente de procedencia do alumno ou alumna). 

 

1.400 oportunidades de retorno 

 

O obxectivo do Goberno galego é que a publicación desta orde se realice a comezos de febreiro no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que se poida abrir o prazo de solicitudes a comezos de febreiro, pechándose o 28 de abril.  

 

Á convocatoria do ano pasado das BEME Máster presentáronse case 532 solicitudes procedentes de preto de 35 países distintos, un 12 % máis que o ano anterior. Así, con esta nova orde o Goberno galego terá ofrecido entre 2017 e 2023, incluíndo as bolsas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que ofrecen prazas de FP, a posibilidade de retornar a un total de 1.400 mozas e mozos galegos do exterior no ámbito universitario. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas