GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As peticións de asilo continúan á alza en Lugo e rozan xa os 400 casos ao ano

(03/10/2022)

As peticións de asilo continúan á alza en Lugo e rozan xa os 400 casos ao ano


A provincia lucense bateu o ano pasado o seu récord histórico de solicitantes, con 396 demandas, o que se traduce nunha media de 33 ao mes. A maior parte dos demandantes proceden de Venezuela, seguida de Colombia e Honduras 


Refugiados cerca de Kiev. ROMAN PILIPEY 

photo_camera Refuxiados preto de Kiev. ROMAN PILIPEY


Paula Vilariño
El Progreso. 03/oct./22

 

Os problemas que arrasan actualmente medio mundo obrigan a moitas persoas a deixar a súa terra para probar sorte nalgún país máis tranquilo que lles ofreza unha nova oportunidade. Foxen da fame e dos conflitos bélicos, pero o periplo é duro e o final, incerto. Só en Lugo, as peticions de asilo rozan xa os 400 casos anuais —396 o pasado ano—, o que se traduce nunha medida de 33 ao mes. E a problemática non se atenúa, xa que entre xaneiro e xullo deste ano tramitáronse 231 demandas.

Con estes números, a provincia lucense bateu o ano pasado o seu récord histórico de solicitantes de asilo, superando os datos xa disparados de 2020, cando se contabilizaron 313 casos. Esta cifra xa multiplicaba por oito a rexistrada un lustro antes, en 2016, que se pechou con tan só 38 demandas tramitadas. E con anterioridade a ese ano, as peticións de protección internacional en Lugo resultaban aínda máis excepcionais, con 13 expedientes iniciados en 2015, catro en 2014 e un no ano 2013.

Este incremento de cidadáns que foxen do seu país en busca dunha vida digna explícase en gran parte pola crise política e económica de Venezuela, que se sumou aos conflitos estancados en países como Siria, Afganistán, Iraq, Paquistán ou Nixeria. En toda España, no primeiro semestre deste ano rexistráronse un total de 66.083 peticións de asilo: 26.533 de cidadáns venezolanos, 18.939 de colombianos, 4.934 de peruanos, 2.182 de marroquís, 1.739 de hondureños, 1.330 de malianos e 1.168 de persoas procedentes de Nicaragua. Do resto de nacionalidades non se superaron o milleiro de solicitudes.

Ucraína —en guerra desde finais de febreiro— ocupa o posto número 23 da táboa, con 199 peticións de asilo entre xaneiro e xullo, unha cifra que se prevé en ascenso.

En toda España, no primeiro semestre deste ano rexistráronse un total de 66.083 peticións de asilo

En Lugo, a problemática dos refuxiados segue a mesma tendencia que a rexistrada a nivel nacional. De feito, desde hai xa varios anos ao redor da metade dos solicitantes de asilo da provincia proceden de Venezuela, seguida de Colombia e, a unha distancia xa considerable, dos procedentes de Honduras, Brasil, O Salvador e Cuba.

Segundo os datos do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), a poboación desprazada de maneira forzada no mundo debido á persecución, a violencia, os conflitos armados ou as violacións dos dereitos humanos aumentou de forma imparable, alcanzando a mediados deste ano os 100 millóns de persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas