GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Acordo unánime en Rianxo para nomear a Santiago Agrelo fillo predilecto

(03/10/2022)

Acordo unánime en Rianxo para nomear a Santiago Agrelo fillo predilecto

M. X. B.

 

MARCOS CREO

 

Os festivos locais do 2023 serán o 14 de xullo e o 15 de setembro

 

30 sep 2022 .

 

A corporación de Rianxo aprobou por unanimidade nomear a Santiago Agrelo Martínez fillo predilecto e organizar un acto público de recoñecemento. Todos os grupos consideraron, no pleno celebrado este xoves, que existe sobrados argumentos para realizar esta distinción, destacando o seu compromiso coa inmigración.

 

Santiago Agrelo foi arcebispo de Tánxer desde o 2007 ata o 2019, cando se xubilou. Alí reclamou o dereito dos cidadáns a buscar un futuro mellor en Europa, as condicións do valo de Ceuta, os malos tratos policiais e as necesidades dos máis pobres. Tamén denunciou a existencia de mafias e reivindicou a implicación da Igrexa e as distintas relixións para solucionar o problema.

 

Non só esta proposta obtivo o respaldo unánime da corporación rianxeira, senón que o resto dos temas abordados durante a sesión tamén recibiron o apoio de todos os grupos. Así, deuse luz verde á firma dun convenio cos concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga para a xestión compartida dun servizo de condutas adictivas, orientado ao fomento de hábitos de vida saudables. As actuacións que se pretenden executar ata o 2025 teñen un orzamento de 140.000 euros e cada concello terá que achegar 7.000.

 

O pleno acordou declarar festivos locais do 2023 o 14 de xullo, coincidindo coas festas do Carmen, e o 15 de setembro, venres da Guadalupe. Tamén aprobou destinar 162.000 euros, do POS adicional da Deputación, a gastos de iluminación e subministración de enerxía.

 

Tamén de forma unánime, a corporación decidiu que o Concello de Rianxo se some a unha solicitude para que o antigo hospital provincial de Conxo leve o nome de Ramón Baltar e adhírase a un manifesto da Consellería do Mar contra o veto da pesca de fondo en 87 áreas de augas europeas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas