GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda visita a Oficina Integral de Retorno de Ourense recordando que esta semana remata o prazo para as Axudas aos Emprendedores Retornados

(28/09/2022)

Miranda visita a Oficina Integral de Retorno de Ourense recordando que esta semana remata o prazo para as Axudas aos Emprendedores Retornados

O secretario xeral da Emigración visitou as novas oficinas dedicadas a atención aos retornados en Ourense, situadas na rúa Concello número 4.

 

Miranda visita a Oficina Integral de Retorno de Ourense recordando que esta semana remata o prazo para as Axudas aos Emprendedores Retornados

Miranda visita a Oficina Integral de Retorno de Ourense recordando que esta semana remata o prazo para as Axudas aos Emprendedores Retornados

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na cidade de Ourense para coñecer as novas instalacións, que se atopan na rúa Concello número 4, onde se interesou polo volume de persoas que están a ser atendidas e, en especial, recordou que esta semana remata o prazo das axudas ao Retorno Emprendedor.

 

As axudas son de 6.000 euros, aumentable en 1.000 se a beneficiaria é muller, e outros 3.000 se a empresa se pon en marcha nun concello do rural. Deste xeito, unha persoa solicitante pode chegar ata os 10.000 euros de apoio para a posta en marcha do seu negocio, de maneira que poida fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así, ademais, o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

 

Estas axudas permitiron que, nos últimos anos, se destinaran dende a Secretaría Xeral da Emigración máis de 4M€ para a posta en marcha de máis de 600 proxectos empresariais en Galicia cun impacto de investimento superior aos 32 millóns de euros para a nosa economía.

 

Obxectivo: acompañar e apoiar na volta a terra

 

A Secretaría Xeral da Emigración puxo en marcha en febreiro de 2020, a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que se atopa nas catro provincias galegas e tamén en Santiago de Compostela. O seu obxectivo é apoiar e acompañar aos galegos do exterior que decidiron retornar a Galicia e comezar unha nova vida.

 

Estas oficinas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e contan con persoal técnico, xurídico e social especializado que se encarga de informar e asesorar aos galegos do exterior cara a favorecer o retorno, así como de acompañar aos galegos retornados e aos seus familiares. Tamén explican tódolos programas da Secretaría Xeral da Emigración dirixidos á diáspora, así como comunican os temas relacionados con educación, formación, laboral e social, e mesmo, no caso dos familiares con outra nacionalidade, tamén asesoran no eido da estranxeiría, ofrecendo apoio continuo, tanto presencial coma telemático.

 

A posta en marcha destas oficinas, situadas en A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, formou parte da anterior Estratexia Retorna do Goberno galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas