GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pol recupera tras dous anos de ausencia a súa homenaxe á emigración

(25/08/2022)

Pol recupera tras dous anos de ausencia a súa homenaxe á emigración

 

A tradicional celebración deu comezo co pregón de Beatriz Corbo e unha sesión vermú que foi a antesala da tradicional comida popular na Carballeira de Mosteiro


Autor Redacción
Enfoques.gal.  24 agosto, 2022

Diputación de Lugo

 

A tradicional Festa ó Emigrante regresou este mércores a Pol -Lugo- dous anos despois da pandemia e as restricións que impedían o seu habitual festexo.

Centos de veciños e veciñas congregáronse no municipio lucense para render homenaxe a todos aqueles que un día fóronse en busca dun futuro mellor.

Á presentación do evento acudiu o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, que lembrou con agarimo “aos veciños e veciñas que tiveron que marchar na busca dun futuro máis próspero, que fomenta o arraigamento e o orgullo de pertenza á Pol, á nosa provincia e a Galicia”. Para o mandatario provincial, trátase dunha celebración que ao mesmo tempo contribúe de maneira moi importante a dinamizar o rural e a economía lucense.

Desde primeira hora da mañá a música tradicional e os pasacalles indicaban que a festa volvía a Pol. Tras a tradicional misa, a licenciada en Dereito e xefa de servizo no Ministerio de Xustiza, Beatriz Corbo Tellado, daba o pistoletazo de saída co seu pregón, acompañada do descubrimento da placa do XXXVII aniversario da Festa ó Emigrante.

Moita música serviu para amenizar unha sesión vermú que foi a antesala da tradicional comida popular na Carballeira de Mosteiro. Xogos tradicionais e creativos, charangas e orquestras serán os responsables de completar un programa festivo para todos os públicos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas