GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Reabre o club de emprego da Unidade de Asesoramento ás Migracións da Coruña

(17/08/2022)

Reabre o club de emprego da Unidade de Asesoramento ás Migracións da Coruña

 

La Voz A CORUÑA



 

Este servizo axuda á procura activa de emprego e ofrece diversas ferramentas


13 ago 2022 .

O 16 de agosto volverá funcionar o club de emprego da Unidade de Asesoramento ás Migracións (UAMI) da Coruña, que depende da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación.

Este servizo, destinado ao apoio ás persoas migrantes e emigrantes retornados para a procura activa de emprego, retomará a súa actividade na aula informática do centro cívico de Os Mallos, en horario de 9.30 a 13.00 horas os martes, con cita previa, e os xoves sen necesidade de reserva.

No club de emprego as persoas migrantes poderán atopar ferramentas e recursos como ordenadores, internet, teléfono e impresora. Tamén se poñen ao dispor dos usuarios listados de empresas de traballo temporal, de selección de persoal, portais de emprego e outros recursos, así como información actualizada sobre ofertas de traballo, formación prelaboral, programas e recursos municipais de inserción laboral aos que podes acceder na cidade.

Ademais, os usuarios reciben atención personalizada e axuda para elaborar unha carta de presentación, un currículo ou como preparar unha entrevista de traballo, entre outras cuestións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas