GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O concello de Paradela celebra este sábado unha homenaxe aos paradelenses de fóra

(12/08/2022)

O concello de Paradela celebra este sábado unha homenaxe aos paradelenses de fóra


Dentro dos seus actos do bicentenario, o concello de Paradela celebra unha homenaxe aos paradelenses de fóra e aos peregrinos.


Redacción, Vigo
11/08/22 -


Paradela, 13 de agosto, sábado

 

Para os paradelenses que viven fóra e que aproveitan as vacacións de verán para regresar á súa terra, o concello ten previsto facer unha visita especial guiada ás exposicións do bicentenario que comezará ás 12,00 no edificio multiusos.

Á súa chegada, a colectividade será recibida polo alcalde, José Manuel Mato Días. A continuación, actuará o cantautor de Becerreá residente en Barcelona, Alfredo González, quen pon música aos textos do escritor Manolo Rodríguez.

Tras a música, terá lugar a presentación das exposicións ‘Manuel Rodríguez, 2.0’, a cargo do seu fillo, Santiago Rodríguez, profesor de doutorandos na Universidade de Bristol (UK); ‘Do tempo dás luces’ (fotos antigüas de Paradela) e invitación para continuala en anos sucesivos e formar o Arquivo da imaxe de Paradela, por Rocío Domínguez Brea, presidenta da Asociación de Mulleres de Paradela; e a exposición ‘Paradela, senda infinita’, por Xulio Xiz.

Os asistentes recibirán os catálogos das distintas exposicións e o libro de resumo dos 200 anos de Paradela, de Xaime Félix López Arías, Arlindo

O acto finalizarase cun viño da Sacra con petiscos da gastronomía de Paradela.

Homenaxe aos peregrinos

Os peregrinos que ese día pasen polo concello recibirán un anaco de empanad de anguías (o elemento gastronómico máis destacado do concello) e rosca de Paradela para agradecer o seu paso polo Camiño e poñer de relevo dous dos elementos gastronómicos de primeira orde dos que o concello é unha potencia recoñecida.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas