GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dubra honra á emigración con Jran Prix e moita música

(03/08/2022)

Dubra honra á emigración con Jran Prix e moita música

El Correo Gallego, 02 ago 2022

Bembibre. Volve a Val do Dubra unha das súas citas festivas máis concorridas, a Festas do Emigrante que se celebrará en Bembibre do 4 ao 6 de Agosto con moita música e actividades lúdicas.

Así, arrinca este xoves coa XXXIV Festa da Cervexa á capital local, que inclúe actuacións dos grupos Mad Martin e Stormy Trucks. Xa o venres 5, ás 09.00 horas haberá lanzamento de bombas de palenque, máis Torneo de Petanca ás 10.00 e ás 10.30 horas comezarán os xogos na piscina. Ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne coa actuación de Antonio Barros e iAlma e o pasarúas da charanga Ardores. E ás 14.00 horas, ofrenda floral á estatura do Emigrante. Pola tarde, 16.00 horas, comezarán as divertidas probas do Jran Prix (anotacións ata este mércores 3 ás 14.00 horas) e ás 20.00 h., o concerto de Antonio Barros e iAlma. A verbena inclúe a disco Troula e as orquestras Grupo Bomba e Saudade.

A última xornada, a do sábado 6, inclúe ás 10.30 horas o pasarúas con Faíscas da Pontraga; ás 14.00 h. haberá sardiñada popular co grupo Os Coleguitas máis xadrez, fútbol e verbena con Disco Troula e orquestras Fania Branco Show e Atenas. ECG

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas