GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistra 31.000 afiliados estranxeiros máis en xuño

(20/07/2022)

A Seguridade Social rexistra 31.000 afiliados estranxeiros máis en xuño


-Son 2.379.846 en total e representan un 11,8% do conxunto de afiliados


-Este colectivo sumou traballadores todos os meses no último ano e no primeiro semestre de 2022, 73.000 afiliados estranxeiros


-Hai máis de 10.500 afiliados procedentes de Ucraína máis que antes da invasión rusa


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

19/07/2022


A Seguridade Social rexistrou 2.379.846 afiliados estranxeiros en xuño, unha vez descontada a estacionalidade e o efecto calendario. Son 31.251 traballadores máis que o mes anterior e 190.425 máis que en febreiro de 2020, antes do impacto da pandemia. Este colectivo leva un ano de crecemento ininterrompido. No primeiros seis meses de 2022, sumou máis de 73.000 ocupados (73.182).


 

Esta cifra supón en xuño o 11,8% do total de afiliados á Seguridade Social en termos desestacionalizados.

Afiliación media mensual

En termos medios e sen desestacionalizar, a Seguridade Social contou con 2.462.890 cotizantes estranxeiros en xuño, dos cales 856.138 son de países da Unión Europea (un 34,8%) e 1.606.752, de terceiros países (o 65,2% restante). Supoñen 36.265 afiliados máis que o mes anterior.

Un 55,9% son homes (1.377.535), mentres que o 44,1% son mulleres (1.085.355).

Os grupos de traballadores estranxeiros máis numerosos proceden de Romanía (348.328), Marrocos (306.898), Italia (161.270), Colombia (117.376) e Venezuela (115.194).

Máis de 58.000 afiliados ucraínos

Ademais, entre outras nacionalidades, hai 58.213 afiliados procedentes de Ucraína. O seu número crece paulatinamente desde o comezo da invasión rusa. Son máis de 10.500 que en febreiro (10.635).



CCAA

A afiliación media de estranxeiros aumenta en case todas as comunidades autónomas no último mes, con especial intensidade en Castela-A Mancha (10,05%), Illas Baleares (7,9%) e Aragón (6,9%). A afiliación media de estranxeiros baixa en Andalucía (-6,8%) e Murcia (-2,7%).

Por réximes, a maioría dos estranxeiros está afiliada ao Réxime Xeral, un total de 2.057.411, despois de sumar no mes 32.777 ocupados. Este réxime rexistra un 1,6% de afiliados máis que en maio.

Crece o número destes traballadores en case todos os sectores. Destaca o incremento en Agricultura, Gandería e Pesca (7,8%), Hostalería (7,2%), Subministración de Auga (5,5%), Outros Servizos (4,6%) e Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento (4,4%). A afiliación deste colectivo baixou en Educación (-8,1%) e Administración Pública (-0,34%). Tamén rexistra menos ocupados foráneos o Sistema Especial Agrario (-6,9%).

Pola súa banda, o número de estranxeiros no Réxime de Autónomos incrementouse nun 0,8% no último mes, e o total situouse en 400.045 traballadores, tras sumar 3.129.

Nos últimos doce meses, a afiliación media de traballadores procedentes doutros países creceu un 10,8%, é dicir, sumou 240.982 ocupados.

 

Galicia

 

A Seguridade Social gañou en xuño unha media de 1.312 afiliados estranxeiros en Galicia, co que o sexto mes do ano pechou con 49.629 traballadores inmigrantes inscritos no sistema, segundo informou este mércores o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

 

Así, este crecemento mensual dos ocupados estranxeiros supón un 2,72% máis que en maio. Mentres que nos últimos 12 meses a Seguridade Social gañou 5.889 afiliados estranxeiros, un 13,46% máis que hai un ano.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas