GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía e a Casa de Espanha de São Paulo actuaron en Ponte Caldelas con motivo do VI Día da Galicia Exterior

(18/07/2022)

A Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía e a Casa de Espanha de São Paulo actuaron en Ponte Caldelas con motivo do VI Día da Galicia Exterior

 Imaxe deste venres en Ponte Caldelas
Imaxe deste venres en Ponte Caldelas

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Ponte Caldelas (Pontevedra), 17 de xullo de 2022.

 

Os grupos culturais da Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago de Salvador de Baía e da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução - Casa de Espanha de São Paulo actuaron na noite do pasado venres, 15 de xullo, na Alameda do concello de Ponte Caldelas como actividade complementaria do VI Día da Galicia Exterior. Este municipio conta cunha importante cifra de veciñas e veciños residentes no exterior, cun total de 2.752 persoas. O evento contou coa presenza da subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais, María Baleato González, quen aproveitou a ocasión para saudar ás e aos membros das agrupacións e desfrutar coas súas actuacións nesta localidade pontevedresa. 

 

O VI Día da Galicia Exterior, festexado o sábado 9 de xullo en Santiago de Compostela, foi unha xornada de confraternidade para celebrar o Ano Santo Xacobeo entre as 31 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior participantes, reunindo a máis dun milleiro de galegas e galegos de todo o mundo. Destas asociacións, algunhas continúan na comunidade para compartir a cultura e tradición galegas polas distintas vilas de Galicia. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas