GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis dun millar de galegas e galegos do exterior compartirán a vindeira fin de semana en Compostela o VI Día da Galicia Exterior

(02/07/2022)

Máis dun millar de galegas e galegos do exterior compartirán a vindeira fin de semana en Compostela o VI Día da Galicia Exterior

Trátase dunha festa conxunta coa que os galegos e galegas do exterior e os da propia comunidade autónoma celebrarán o Ano Santo Xacobeo.

 

As actividades comezarán coa realización do último tramo do Camiño de Santiago o venres 8 no que participarán preto dunhas 700 persoas.

 

O sábado 9 será o día grande, coas actuacións das agrupacións culturais participantes nas diferentes prazas do centro histórico compostelá, xunto á celebración dunha misa na praza da Quintana e unha foliada na Alameda de Santiago que rematará co concerto de Susana Seivane.

 

Aproveitando a celebración deste día, o venres pola mañá, desenvolverase tamén a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas no Pazo de Amarante.

 

VIº Día da Galicia Exterior

VIº Día da Galicia Exterior

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2022.

 

A próxima fin de semana máis dun millar de galegas e galegos do exterior, membros das diferentes agrupacións culturais dos centros galegos de todo o mundo e outros socios e socias destas entidades, celebrarán en Santiago de Compostela o VI Día da Galicia Exterior, nunha xornada de confraternidade que comezará a primeira hora da mañá na Praza do Obradoiro e rematará pasada a medianoite no Paseo da Alameda.

 

Trátase dunha festa na que Galicia poderá desfrutar e coñecer a forma na que a cultura galega se celebra de xeito cotiá en numerosos países do mundo e nas comunidades autónomas españolas. 

 

As actividades comezarán xa o día anterior, o venres, día 8, coa realización do último tramo do Camiño de Santiago dende o Monte do Gozo na que participarán preto de 700 das e dos asistentes a este evento e que comezará ás 5 da tarde.

 

O sábado, día 9, celebrarase o VI Día da Galicia Exterior comezando co encontro dos diferentes grupos participantes na Praza do Obradoiro e a recepción oficial por parte dos máximos representantes do Goberno galego e do Concello de Santiago no Hostal dos Reis Católicos. Posteriormente, celebrarase unha misa na Praza da Quintana e, ao seu remate, os grupos asistentes percorrerán as distintas prazas do centro histórico compostelán para realizar diferentes actuacións de baile e música galega ata chegar á Alameda, onde celebrarán un xantar conxunto. 

 

Pola tarde, percorrerán de novo as prazas da cidade e de noite serán presentados no Parque da Alameda, onde se pechará o evento co concerto de Susana Seivane. Ao longo do día, tamén se poderá desfrutar dun paseo artesán con obradoiros na Ferradura deste parque. 

 

Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

 

Aproveitando a presenza de máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior nesta xornada, a Secretaría Xeral da Emigración convocou a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que se celebrará o venres pola mañá no Pazo de Amarante.

 

Será a primeira vez en dous anos que se realice de xeito presencial e que sexa presidida polo actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Ten como obxectivo analizar a situación na que se atopan as comunidades galegas do exterior e a aplicación de diversos programas sociais en apoio aos galegos e galegas con maiores necesidades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas