GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta nomea delegada da Xunta de Galicia no Uruguai a Elvira Domínguez Alonso

(01/07/2022)

A Xunta nomea delegada da Xunta de Galicia no Uruguai a Elvira Domínguez Alonso

 Elvira Domínguez Alonso

Elvira Domínguez Alonso

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022.

 

O Consello da Xunta acordou nomear a Elvira Domínguez Alonso como nova delegada da Xunta de Galicia no Uruguai. Elvira Domínguez, filla de emigrantes galegos, é licenciada en Administración e conta cunha extensa experiencia no sector público do país americano como profesional e directiva.   

 

Obtivo o título de Contadora Pública, licenciada en Administración, e conta cun máster en Dirección de Empresas de Saúde da Escuela de Negocios de Montevideo e outro en Dirección e Xestión dos Sistemas de Seguridade Social e Saúde da Universidad de Alcalá de Madrid. Así mesmo, traballou como docente na Universidad de la Empresa de Montevideo e na Facultad de Ingeniería da Universidad de la República. Autora de publicacións e expositora en seminarios e conferencias nas materias da súa especialidade, foi directora representante das Empresas no Banco de Previsión Social durante tres períodos completos de mandato (2006, 2011 e 2016), mediante elección directa do empresariado. Elvira Domínguez conta cun amplo coñecemento sobre a emigración galega. Á parte de ser filla de emigrantes galegos en Montevideo, participou na directiva de entidades galegas neste país e, en 2017, convertíase na primeira presidenta da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguai.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas