GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Consello de Ministros aprobou o nomeamento de Isabel Castro como nova secretaria de Estado de Migracións

(01/07/2022)

O Consello de Ministros aprobou o nomeamento de Isabel Castro como nova secretaria de Estado de Migracións


O Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, aprobou este luns 27 o nomeamento de Isabel Castro Fernández como nova secretaria de Estado de Migracións, como xa adiantou ‘Crónicas da emigración’ o pasado día 21.

Crónicas da Emigración
29/06/22 -


Isabel Castro
Isabel Castro Isabel Castro, nova secretaria de Estado de Migracións.


A substituta de Jesús Perea á fronte da Secretaría de Estado é licenciada en Dereito e Administración de Empresas pola Universidade Carlos III de Madrid. Ingresou no Corpo Superior de Inspectores de Traballo en 2008, exercendo durante seis anos, e levando a cabo noutras funcións as relacións coa vixilancia e o cumprimento da normativa en materia laboral, de Seguridade Social, prevención de riscos laborais e estranxeiría.

Posteriormente, de 2015 a 2019, foi directora xeral de Traballo, Economía Social e Saúde Laboral do Govern das Illas Baleares, levando a cabo funciones de planificación e seguimento da actividade da Inspección de Traballo e Seguridade Social, desenvolvemento de diversas convocatorias de subvencións, mediación en conflitos laborais e negociación colectiva, posta en marcha do Instituto Balear de Seguridade Social, entre outras.

A continuación, de 2019 a 2021, exerceu como consellera de Administracións Públicas e Modernización do Govern das Illas Baleares, con competencias en materia de función pública, emerxencias, modernización da administración, memoria democrática, transparencia, bo goberno, participación e voluntariado.

Actualmente, atopábase exercendo como directora xeral de Coordinación, Relacións co Parlament, Dereitos e Diversidade, tamén do Govern das Illas Baleares, levando a cabo fundamentalmente labores de coordinación e impulso das políticas das 11 consellerias do Govern, as relacións entre o Govern e o Goberno central en materia de traspasos e de posibles recursos de inconstitucionalidade, así como as relacións co Parlament e os distintos grupos políticos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas