GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración lembra que a convocatoria de axudas para o programa de obradoiros nas entidades galegas do exterior remata este venres

(28/06/2022)

Emigración lembra que a convocatoria de axudas para o programa de obradoiros nas entidades galegas do exterior remata este venres

O programa, que pon en marcha talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, conta cun orzamento de 150.000 euros e sufragará os gastos de contratación do profesorado e materiais de formación.

 

Os obradoiros poderán ser impartidos pola modalidade presencial ou telemática. 

 

O prazo de solicitude dos obradoiros estará aberto ata o 1 de xullo

O prazo de solicitude dos obradoiros estará aberto ata o 1 de xullo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022.

 

A Secretaría Xeral da Emigración lembra que a convocatoria de axudas para a posta en marcha de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior remata este venres, 1 de xullo.

 

O departamento autonómico dirixido por Antonio Rodríguez Miranda, volve ofrecer axudas para a posta en marcha de obradoiros nas entidades galegas do exterior, cun orzamento global de 150.000 euros para a posta en marcha destas actividades, sufragando así  a administración da contratación, desprazamento e aloxamento do profesorado, así como a compra dos materiais de formación. Pola súa parte, as entidades encargaranse das instalacións onde se impartan os cursos. 

 

Mantense, como o ano pasado, a modalidade presencial destes obradoiros e a modalidade telemática a través da aula virtual, unha plataforma onde a persoa formadora e o alumnado interactúan, de xeito concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemática. En ambos casos, os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades. 

 

Os centros poderán solicitar, por orde de preferencia, a organización de ata 3 cursos, e propor unha ou un profesor para que o imparta, sempre que estea incluído nas listas de persoas formadoras na modalidade solicitada. Para a realización de obradoiros de cociña ou seminarios de cultura galega, as entidades deben contar con instalacións e equipamentos axeitados, e ter entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e a cultura de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas