O filme “Welcome to ma maison” proxéctase este mes de xuño en oito cidades de España, Europa e América
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2022.
A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o filme protagonista do mes de xuño do ciclo de proxeccións Mestre Mateo, Welcome to ma maison, poderase desfrutar este mesmo xoves no Lar Gallego de Sevilla e, o próximo sábado 25, na Asociación Cultural Galega de Berlín Son, no Centro Galego de Tarragona, no Centro Gallego de Montevideo, na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e no Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires.
O documental, finalista este ano dos premios do mesmo nome, xa foi proxectado o sábado 18 no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres e será exhibido, finalmente, o 29 no Centro Gallego de Madrid. Esta actividade organízase dende a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas.