GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos, impulsada pola Xunta, chegou onte a Vilagarcía de Arousa

(31/05/2022)

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos, impulsada pola Xunta, chegou onte a Vilagarcía de Arousa

 

-Estará situada na avenida da Marina, diante das antigas instalacións da Autoridade Portuaria

 

 

-Iniciou a súa ruta o pasado mes de abril e está a percorrer as sete cidades galegas e as localidades con máis poboación ucraína
 

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 30 de maio de 2022.-

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos, impulsada pola Xunta de Galicia, chegou este luns a Vilagarcía de Arousa logo de percorrer distintas cidades galegas. O seu obxectivo é ofrecer asesoramento e axuda á poboación ucraína situada nas sete cidades e nas localidades que acollen un maior número de refuxiados.

 

En concreto, estará situada durante toda esta semana na avenida da Marina, diante das antigas instalacións da Autoridade Portuaria. Esta unidade conta cunha intérprete e unha traballadora social que ofrecerán asesoramento sobre todos os trámites que debe facer a poboación refuxiada, os servizos que teñen á súa disposición ou obter a condición de protección temporal.

 

Entre outras cuestións axudaralles a ter información sobre como obter a documentación sanitaria que lle permita acceder ao sistema público de saúde, como escolarizar aos seus fillos nun dos centros da comunidade, como beneficiarse dunha das 1400 prazas de acollida que Galicia puxo a disposición do Goberno central e como acceder a cursos de formación en competencias lingüísticas para facilitar a súa inserción no emprego.

 

Páxina web

 

O Goberno galego, coa colaboración da Cruz Vermella, puxo en marcha esta iniciativa para atender ás persoas que chegaron á nosa Comunidade fuxindo da guerra en Ucraína. Ademais, creouse a páxina web ucraina.cruzvermella.gal, onde se pode consultar información e a localización actualizada desta oficina itinerante. Tamén se pode chamar ao teléfono e whatsapp 604 044 018.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas