GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración celebrará o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Florencio Delgado Gurriarán

(12/05/2022)

Emigración celebrará o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Florencio Delgado Gurriarán

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ofrecerá na mañá do 17 de maio unha felicitación, co gallo deste Día, destinada aos galegos e galegas do exterior.

 

Pola tarde, a partir das 20 horas (hora de España), poderase desfrutar a través do Facebook Live de GaliciaAberta da historia vital do escritor de Valdeorras ao que se dedica este Día, da didáctica man dos contacontos de Polo Correo do Vento. 

 

A maiores, a Secretaría Xeral tamén subirá de xeito gratuíto á súa web o libro ilustrado “De Valdeorras a México”, no que se narra a vida de Delgado Gurriarán.

 

Na edición de 2022 do Día das Letras Galegas homenaxéase a Florencio Delgado Gurriarán

Na edición de 2022 do Día das Letras Galegas homenaxéase a Florencio Delgado Gurriarán

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022.

 

A Secretaría Xeral da Emigración celebrará o próximo martes 17 o Día das Letras Galegas con varias actividades dedicadas á cultura e lingua galegas e á figura de Florencio Delgado Gurriarán, escritor ao que se dedica esta celebración en 2022.

 

Os actos comezarán pola mañá cunha felicitación do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dedicada ás galegas e galegos do exterior, aos que agradecerá a súa implicación na promoción e difusión da cultura e a lingua galegas nos diversos países nos que residen, e animará a seguir a utilizar o galego entre a colectividade exterior.

 

Posteriormente, pola tarde, a partir das 20 horas (hora de España), as e os interesados en coñecer a historia e a vida do escritor de Valdeorras ao que se dedica o Día das Letras Galegas poderán desfrutar dun contacontos sobre a súa figura que se poderá ver a través do Facebook Live de GaliciaAberta da man de Polo Correo do Vento.  

 

Finalmente, terá lugar tamén a publicación dunha banda deseñada titulada De Valdeorras a México, destinada ás e aos máis cativos para que poidan coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Guarriarán e que se poderá ver e ler, de xeito gratuíto, na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas