GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración complementa os mecanismos de atención social ás e aos galegos do Uruguai cun novo acordo coa Española para a atención no ámbito sanitario

(25/04/2022)

Emigración complementa os mecanismos de atención social ás e aos galegos do Uruguai cun novo acordo coa Española para a atención no ámbito sanitario

Esta entidade, sen ánimo de lucro, ten como obxectivo socorrer aos seus asociados e asociadas no caso de enfermidade, e a Secretaría Xeral da Emigración apoiará este labor de atención sociosanitaria con 30.000 euros.

 

Deste xeito, a Xunta continúa a apoiar ás e aos emigrantes galegos no Uruguai a través de programas de apoio económico en caso de situación precaria, como son as axudas económicas individuais e as axudas de emerxencia, así como a través do apoio ás entidades galegas de asistencia social como o Hogar Español.

 

Foto de arquivo da reunión con responsables de entidades galegas en Uruguai na última visita do secretario xeral da Emigración ao Uruguai, a finais do ano pasado

Foto de arquivo da reunión con responsables de entidades galegas en Uruguai na última visita do secretario xeral da Emigración ao Uruguai, a finais do ano pasado

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2022.

 

A Secretaria xeral da Emigración continúa a complementar os mecanismos de atención social ás e aos emigrantes galegos do Uruguai cun novo acordo coa Asociación Primera de Socorros Mutuos de Montevideo, La Española, para facilitar a atención no ámbito sanitario a aquelas persoas en situación de precariedade económica.

 

Deste xeito, o departamento autonómico apoia, a través dun convenio, con 30.000 euros o programa de atención socio sanitaria  da Asociación Primera de Socorros Mutuos de Montevideo destinado aos galegos e galegas residentes que así o precisen na capital uruguaia.

 

A Xunta de Galicia continúa a axudar ás e aos galegos do Uruguai en situación de precariedade económica a través de axudas directas como son as económicas individuais e as de emerxencia social, colaborando, ademais, con entidades de asistencia social que atenden a galegas e galegos con dependencia ou de avanzada idade e baixos ingresos económicos, como o Hogar Español. A Administración autonómica complementa, así, as actuacións que tamén está a desenvolver o Estado español neste país americano.

 

A Asociación Española Primera de Socorros Mutuos é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 1853, co obxectivo de crear un fondo común destinado a socorrer aos seus asociados e asociadas no caso de enfermidade, outorgándolles asistencia médica completa. Na actualidade, o número total de persoas asociadas supera as 200.000, das que un número moi relevante son españois e españolas de orixe galega.

 

Conta cun hospital de 26.500 metros cadrados, dotado con 452 camas, así como con catro sedes secundarias, cinco policlínicas e catro unidades de internación onde se presta asistencia sanitaria á colonia galega residente neste país.

 

A entidade ten o compromiso de dar cobertura a todas e todos os seus asociados, moitos deles de orixe galega e  as e os seus descendentes. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas