(13/04/2022)
MARCOS MÍGUEZ
13 abr 2022 .
A guerra subiu o quilo de sal a 400 grivnas, 12 euros ao cambio. A vida en Ucraína ocorre nas cociñas. Non hai salóns en moitas casas e é normal que cada membro da familia pase horas no seu cuarto. «Non vos estrañedes se saen pouco», explicaba onte a presidenta de AGA Ucraína, Natalia Afonina, ás familias que agardaban no parque de bombeiros da Grela a chegada dos 45 refuxiados traídos desde a cidade polaca de Rzesuw por un grupo de seis bombeiros e policías locais da Coruña.
O grupo de Arteixo
Carlos Pinto e Diana Rodrigues son portugueses e están instalados en Arteixo cos seus fillos desde que el empezou a traballar en Inditex. Construíron unha casa e agora amoblaron o ático para acoller a Natalia e Olesia Bohdanenko, nai e filla de 47 e 17 anos. «Poderán estar o tempo que necesiten», sinala Pinto. Ao seu lado, David Ferreiro escoita falar de Arteixo e preséntase. É de Pastoriza e a súa irmá vai acoller, tamén no piso de arriba, a dúas mozas adolescentes coa súa avoa e outra muller maior. Propón reunir a todos. «Si, claro, e en Uxes tamén hai», di Carlos Pinto. Nunha vivenda unifamiliar de Santa Cruz María Pazos recibirá a unha nai e a un rapaz de 13 anos: «Eu son viúva, vivo cos meus fillos de 16 e 18 anos e un can que pesa 70 quilos, a ver como o levamos». E Vanessa González, sobrecogida polo drama, pensa na nena de seis anos e a súa nai para as que ten todo disposto e algo nunha bolsa que suxeita como un amuleto.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas