GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia ofrece un millar de plazas de acogida para refugiados procedentes de la Guerra de Ucrania

(07/03/2022)

Galicia ofrece un milleiro de prazas de acollida para refuxiados procedentes da Guerra de Ucraína

 

Delas, 714 foron ofertadas pola Xunta, 281 polos concellos galegos a través da Fegamp e 139 por parte de entidades sociais

 

  

Estes datos foron enviados hoxe ao Goberno central e iranse actualizando a medida que os distintos axentes vaian ampliando a súa oferta

 

Estas prazas de atención súmanse ás 432 camas en hospitais nas sete áreas sanitarias destinadas a aquela poboación que precise de atención sanitaria

 

O luns 7 de marzo celebrarase unha reunión de urxencia para coordinar a axuda humanitaria desde Galicia
 

 

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022. Galicia trasladou este venres ao Goberno central a súa oferta dun milleiro de prazas de acollida en distintos centros para recibir a refuxiados a guerra en Ucraína. Ao mesmo tempo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou esta dispoñibilidade para axudar a calquera persoa afectada polo conflito. Neste senso, sinalou que o Goberno autonómico “está a orde” do que concreten os ministerios competentes en materia de acollida e acción humanitaria, e apuntou que hai tempo que a Xunta se puxo en contacto coa recentemente creada Asociación Galega de Axuda a Ucraína para mostrar o seu apoio.

 

Deste algo máis dun milleiro de prazas, 714 proceden de centros da Xunta, 281 achegáronas os concellos galegos a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e 139 veñen de entidades sociais. A Xunta xa remitiu estes datos ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, que será o encargado de centralizar o reparto por comunidades autónomas.

 

Os datos iranse actualizando na medida en que os distintos axentes vaian ampliando o número de centros e prazas. Os centros postos á disposición por parte da Administración autonómica son: as Residencias de Tempo Libre de Panxón e o Carballiño, o Centro de Formación e Experimentación Pedro Murias de Ribadeo, o albergue xuvenil de Portomarín, as Casas do Mar de Burela, Celeiro-Viveiro e A Coruña, o Centro de acollida para vítimas de violencia de xénero de Vigo e os centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.

 

Estas prazas súmanse ás 432 camas en hospitais nas sete áreas sanitarias para acoller a aquela poboación de Ucraína con necesidades de atención sanitaria. Delas, 113 serán para pacientes pediátricos, 15 para nenas e nenos con necesidades de tratamento oncolóxico e o mesmo número para neonatos. Con respecto aos adultos, das 319 prazas dispoñibles para eles, un total de 25 serían para pacientes oncolóxicos en tratamento.

 

Axuda humanitaria

 

A solidariedade é, sen dúbida, unha das características máis relevantes da cidadanía galega e na actual crise provocada polo conflito bélico en Ucraína, unha vez máis, as mostras de solidariedade son constantes. A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE está poñendo en marcha os instrumentos de financiamento de axuda humanitaria dos que dispón para facer fronte á crise en Ucraína.

 

Por un lado, canalízanse fondos a través dos tres convenios de colaboración asinados con entidades expertas na atención deste tipo de crises (Farmacéuticos Mundi, Unicef e a Axencia Española de Cooperación Internacional). Doutra banda, disponse doutra vía para o financiamento de intervencións de resposta a emerxencia e crises humanitarias, que é a convocatoria para proxectos de acción humanitaria no exterior que se publicará nas vindeiras semanas.

 

Ademais, coa finalidade de coordinar a resposta dende Galicia, a Xunta está a convocar unha reunión de urxencia, prevista para luns día 7 de marzo, na que participarán distintos axentes de cooperación con presenza en Galicia e traballo na zona do conflito. Nela participarán a Fegamp, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o Concello de Santiago, a Coordinadora Galega de ONGD e entidades humanitarias con presencia sobre o terreo.

 

A Xunta de Galicia agradece profundamente as mostras de solidariedade e os ofrecementos brindados á poboación afectada polo conflito e lembra que nas crises de carácter humanitario a canalización da axuda mais efectiva e con maior impacto é a través de doazóns de fondos ás organizacións humanitarias especializadas que están a traballar no lugar do conflito.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas