GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos e galegas do exterior o Ciclo de cine Mestre Mateo

(02/03/2022)

Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos e galegas do exterior o Ciclo de cine Mestre Mateo

Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende marzo a decembro os catro filmes finalistas nas categorías tanto de mellor longametraxe como de mellor documental nos premios Mestre Mateo.

 

O secretario xeral da Emigración, o director de AGADIC e o presidente da Academia Galega do Audiovisual durante a presentación deste mediodía

O secretario xeral da Emigración, o director de AGADIC e o presidente da Academia Galega do Audiovisual durante a presentación deste mediodía

  

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022.

 

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou, xunto ao director da AGADIC, Jacobo Sutil, e ao presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, o programa do Ciclo de cine Mestre Mateo que poderán desfrutar os galegos e galegas do exterior a través da colaboración con oito centros de América, Europa e resto de España.

 

Esta iniciativa xurde do acordo entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual que permitirá achegar o cine feito en Galicia e, en concreto, os filmes finalistas dos Premios Mestre Mateo aos galegos e galegas do exterior a través destas entidades.

 

O secretario xeral da Emigración agradeceu o interese da Academia por “colaborar con nós para achegar o audiovisual que se realiza en Galicia ás nosas colectividades do exterior e tamén aos veciños das localidades seleccionadas, que poden así gozar da cultura feita na nosa terra para os nosos galegos”, felicitando tamén á Academia polos seus 20 anos de existencia.  

 

Antonio Rodríguez Miranda tamén destacou o esforzo dos centros galegos do exterior que colaborarán na posta en marcha desta iniciativa: o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Galego de Londres, a Asociación Cutlural Galega de Berlín Son, o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Gallego de Tarragona.

 

Tal e como explicou o presidente da Academia Galega do Audiovisual, o programa concreto darase a coñecer cando se anuncien os finalistas da presente edición e as proxeccións empezarán despois da gala dos Mestre Mateo, que terá lugar o vindeiro 19 de marzo. Celebrarase de xeito simultáneo nas cidades seleccionadas, cunha periodicidade mensual, exceptuando os meses de xullo e agosto. Visualizaranse así, dende marzo a decembro, os catro filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo

 

Pola súa banda, o director da AGADIC destacou a importancia que iniciativas como esta teñen para a promoción e difusión da cultura e lingua galegas entre a colectividade do exterior, e sobre todo “para dar a coñecer o que se está a facer no sector audiovisual en Galicia e o valor que este traballo está a aportar a nosa sociedade”. 

 

Como parte integral do proxecto, a Academia Galega do Audiovisual proporcionará ferramentas específicas sobre produción e comunicación das proxeccións ás persoas encargadas da xestión desta iniciativa en cada centro galego do exterior e tamén se implicará a un grupo de persoas que se encargarán de coordinar a realización de cada proxección, e atender ás demandas das espectadoras e espectadores do ciclo.

 

Presentación do Ciclo de cine Mestre Mateo: https://youtu.be/tsTkqJ0Bxn0

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas