GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta abre o prazo de inscrición para os cursos preparatorios das probas Celga en lingua galega, aos que se poden sumar as e os galegos do exterior e os retornados

(21/02/2022)

A Xunta abre o prazo de inscrición para os cursos preparatorios das probas Celga en lingua galega, aos que se poden sumar as e os galegos do exterior e os retornados

Ofértanse un total de 35 cursos gratuítos, 27 deles en liña e oito presenciais repartidos nas catro provincias.

 

A solicitude de inscrición realízase a través dunha plataforma dixital e de xeito completamente telemático.

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de marzo

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de marzo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2022.

 

A Xunta de Galicia vén de lanzar a convocatoria para participar nos cursos gratuítos preparatorios das probas Celga de formación en lingua galega para os catro niveis establecidos e que, desta vez, volve combinar a preparación presencial e en liña co fin de facilitar o acceso ao coñecemento do galego a todas aquelas persoas interesadas tanto no exterior como no caso das e dos galegos retornados.

 

A solicitude de inscrición realízase a través da plataforma https://formacion-lingua.xunta.gal/, de xeito completamente telemático

 

Tal e como publica o portal da Lingua, o prazo de presentación de solicitudes abrangue ata o 7 de marzo e, a diferenza dos anos anteriores, estas deben presentarse a través da plataforma de formación da Secretaría Xeral de Política Lingüística (e non na sede electrónica da Xunta de Galicia).

 

Deste xeito, as persoas interesadas -que deben ser maiores de 16 anos ou facelos neste ano natural- só teñen que acceder a esta ligazón, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Calquera outra forma de presentación de solicitudes non será admisible. Por outra banda, cada persoa pode inscribirse nun único curso.

 

Ofértanse un total 35 cursos, 27 deles en liña (que cobren os catro niveis) e oito presenciais (para os niveis 2, 3 e 4) repartidos entre as catro provincias. Todos os cursos serán impartidos entre o 21 de marzo e o 12 de maio, mentres que as probas para obter as titulacións Celga serán realizadas entre os meses de maio e xuño. Toda a información sobre horarios e localizacións dos cursos pode consultarse no Portal da Lingua Galega.

 

Novidades

 

Ademais do novo proceso de presentación de solicitudes, a convocatoria deste ano inclúe outras novidades destacables. A primeira delas é a selección das e dos participantes para os cursos, que, no caso de superar as prazas previstas para cada un deles, realizarase por sorteo.

 

O citado sorteo terá lugar nun acto público o 14 de marzo ás 12:00 horas no salón de actos do Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

A continuación, a Xunta publicará no Portal da Lingua Galega a listaxe do alumnado seleccionado para participar en cada curso, así como a listaxe de agarda correspondente. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas