GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda destaca os máis de 15M€ de axudas económicas directas a persoas emigrantes e retornadas durante a pandemia

(17/02/2022)

Miranda destaca os máis de 15M€ de axudas económicas directas a persoas emigrantes e retornadas durante a pandemia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou hoxe na Comisión Primeira do Parlamento que o compromiso destinado ás accións e axudas ás comunidades galegas non supoñen un detrimento no apoio ás galegas e galegos do exterior máis desfavorecidos, senón ao contrario, xa que amplifican o apoio social ás persoas.

 

Os programas de axudas económicas individuais superaron as 10.500 familias beneficiadas cada ano, ás que hai que engadir as máis de 21.000 familias apoiadas a través da colaboración coas entidades. 

 

O secretario xeral da Emigración, na súa intervención de hoxe na Comisión Primeira do Parlamento de Galicia

O secretario xeral da Emigración, na súa intervención de hoxe na Comisión Primeira do Parlamento de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compareceu hoxe na Comisión Primeira do Parlamento de Galicia onde destacou os máis de 15 millóns de euros de axudas económicas directas a persoas emigrantes e retornadas durante estes dous anos de pandemia.

 

Neste senso, recordou o “importante labor da Secretaría Xeral da Emigración dirixida tanto ás persoas como ás entidades galegas do exterior que agrupan e coidan das persoas”.

 

Segundo destacou Rodríguez Miranda, a Secretaría Xeral da Emigración destinou no pasado ano a axudas económicas de emigración e retorno dirixidas ás persoas, é dicir, de carácter individual, máis de 8,5 millón de euros, cifra que ascende a 15 millóns de euros se temos en conta o ano 2020, tanto para apoiar ás galegas e galegos residentes no exterior como a aqueles e aquelas que decidiron retornar á súa terra. 

 

“Con estas axudas puidemos chegar en cada un destes anos a preto de 10.500 familias que o precisaban por estar a pasar por unha situación de especial vulnerabilidade ou porque decidiron que o seu futuro estaba en Galicia e necesitaban apoio”, explicou na Comisión Primeira o secretario xeral. “A estas persoas hai que engadir as máis de 21.000 familias que, cada ano, recibiron axudas a través da colaboración coas entidades de carácter social que traballan a prol dos galegos do exterior máis desfavorecidos”.

 

Miranda fixo referencia a dous países en especial, Cuba e Venezuela, que recibiron en cada caso 3 e 5 millóns de euros tanto en axudas a emigración como en retorno  de carácter individual. 

 

Todas estas accións desenvólvense segundo o marco que regula as actuacións da administración galega coas nosas comunidades, e “en ningún caso as axudas destinadas ao funcionamento das entidades do exterior supoñen un detrimento no apoio económico aos galegos residentes fóra do noso territorio máis desfavorecidos, senón todo o contrario, xa que amplifican o apoio social ás persoas”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas