GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Política Social achega máis de 300.000 euros á ONG Sen Valos para a atención á poboación inmigrante

(27/01/2022)

Política Social achega máis de 300.000 euros á ONG Sen Valos para a atención á poboación inmigrante

 

Con estes fondos a organización sen ánimo de lucro pon en marcha programas para o asesoramento xurídico en materia de estranxeiría, para a inclusión sociolaboral, a conciliación ou a formación, entre otros

 

 

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2022

 

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe que a Consellería de Política Social achega máis de 300.000 euros á ONG Sen Valos para a atención de poboación inmigrante e solicitantes de refuxio. Esta mañá mantivo unha reunión con representantes da entidade para coñecer as súas necesidades e analizar novas propostas.

 

Con estes fondos, a Xunta de Galicia financia varias iniciativas postas en marcha desde a asociación para facilitar a integración da poboación inmigrante. Así, desenvolven proxectos para a inclusión sociolaboral e a transición ao emprego; para a mediación social e intercultural; para a formación; o asesoramento xurídico ou para o apoio na conciliación dos seus fillos.

 

Máis de 500 persoas atendidas

 

A ONG Sen Valos é unha asociación emprazada na Coruña e creada en 2020 coa finalidade de axudar na inclusión social das persoas inmigrantes, refuxiados e solicitantes de protección internacional. Desde a súa creación xa atendeu a máis de 500 persoas para a súa efectiva integración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas