GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta habilita un investimento de 32,2 millóns de euros para que as nenas e nenos nacidos no 2022 teñan acceso á Tarxeta Benvida, que tamén poden solicitar as e os galegos retornados

(12/01/2022)

A Xunta habilita un investimento de 32,2 millóns de euros para que as nenas e nenos nacidos no 2022 teñan acceso á Tarxeta Benvida, que tamén poden solicitar as e os galegos retornados

Desde que se puxo en marcha no 2016, esta prestación contou cun orzamento acumulado de 127 millóns de euros.

 

Ata o de agora unhas 78.000 familias beneficiáronse desta axuda de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida da ou do cativo que, en función das circunstancias de cada unidade familiar, pode prorrogarse ata os 3 anos.

 

A Xunta de Galicia facilita a presentación de solicitudes por parte das galegas e galegos retornados

A Xunta de Galicia facilita a presentación de solicitudes por parte das galegas e galegos retornados

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022.

 

A Xunta de Galicia vén de publicar a orde que regula a concesión da Tarxeta Benvida para as nenas e nenos nacidos no 2022, axuda á que se poden acoller as galegas e galegos retornados que cumpran os requisitos.

 

O Goberno galego habilitou así un investimento de 32,2 millóns de euros para esta axuda de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida da ou do cativo, que ten como obxectivo atender os gastos que supón ampliar a familia, como a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces e produtos de hixiene ou farmacia.

 

Nos seus cinco anos de existencia a Tarxeta Benvida supera un orzamento acumulado de 127 millóns de euros e chegou a máis de 78.000 familias. Isto supón que oito de cada dez nenas e nenos nacidos neste período tiveron acceso a esta medida. Para acceder á Tarxeta Benvida durante o primeiro ano a renda anual familiar deberá ser inferior aos 45.000 euros ou menor de 13.500 euros per capita.

 

Nos últimos anos esta prestación tivo varias novidades. En 2018, a Tarxeta Benvida estendeuse ata o terceiro ano de vida da nena ou neno para aquelas familias cunha renda anual igual ou inferior a 22.000 euros. Así, para o primeiro fillo ou filla concedíanse 600 euros anuais; para a segunda ou segundo 1200; e para a terceira ou terceiro e sucesivos, 2400.

 

Xa no ano 2019, habilitouse a posibilidade de que a Tarxeta Benvida se solicitase durante o embarazo, para que non fixese falta esperar ao nacemento para comezar os trámites. Deste modo, para as familias que escollen esta opción, o prazo medio de espera para obter esta prestación pasou de dous meses e medio a un mes.

 

E no ano 2020, o Goberno galego introduciu catro novidades: un complemento do 25% para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes; un complemento para as familias numerosas, de xeito que as e os terceiros fillos e sucesivos perciban 2400 euros anuais desde o nacemento ata os tres anos; facilidades para a presentación de solicitudes por parte das galegas e galegos retornados; e a posibilidade extraordinaria de ampliar a Tarxeta Benvida ata os catro anos para as familias en situación de especial vulnerabilidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas