GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta convoca as axudas ás e aos universitarios con dificultades económicas para continuar estudos neste curso, ás que se poden acoller as e os emigrantes retornados

(11/01/2022)

A Xunta convoca as axudas ás e aos universitarios con dificultades económicas para continuar estudos neste curso, ás que se poden acoller as e os emigrantes retornados

O importe das bolsas, en función da renda familiar, oscilará entre os 1.750 e os 3.000€, o que supón un incremento de 250€ respecto do curso anterior.

 

Poderá solicitar estas axudas o alumnado que sufra unha necesidade urxente de recursos por mor dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso, considerándose como tal o proceso do retorno.

 

Foto: Universidade de Vigo

Foto: Universidade de Vigo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022.

 

A Xunta de Galicia abre hoxe,  martes día 11 de xaneiro, o prazo para solicitar as axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) con dificultades económicas sobrevidas. O obxectivo desta convocatoria é garantir que poidan continuar os seus estudos universitarios.

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina estas axudas aos universitarios e universitarias que presenten unha necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa imprevista ocorrida no actual curso académico.

 

Entre estas causas están a orfandade absoluta, o desemprego, o falecemento, a falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores e sustentadoras principais da unidade familiar, a condición de emigrante retornada ou retornado, a de vítimas de violencia de xénero ou actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar.

 

As axudas, cuxo importe dependerá da renda familiar, oscilarán entre os 1.750 e os 3.000 euros, o que supón un incremento de 250€ respecto do curso anterior. 

 

Para acceder a estas axudas, as e os estudantes deberán estar matriculados no curso académico 2021/22 como mínimo en 50 créditos en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia  (SUG). No caso do alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.

 

Ademais, a renda per cápita da unidade familiar deberá ser inferior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2022 multiplicada por 1,80. 

 

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía telemática a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Se a causa imprevista aconteceu con anterioridade á publicación da convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de febreiro de 2022. Se ocorre con posterioridade, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida. En calquera caso a data límite será o 31 de xullo de 2022.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas