GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración apostou polo acompañamento persoal ás galegas e galegos retornados a través dun portal dixital e da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento

(15/12/2021)

Emigración apostou polo acompañamento persoal ás galegas e galegos retornados a través dun portal dixital e da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento

O balance da Estratexia Galicia Retorna destaca que o Portal Retorna recibiu xa máis de 100.000 visitas.

 

A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno atendeu ata o día de hoxe máis de 6.500 familias e deu resposta a máis de 25.000 consultas.

 

As Oficinas de Asesoramento e Seguimento ao Retorno atópanse en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo

As Oficinas de Asesoramento e Seguimento ao Retorno atópanse en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021.

 

A Xunta de Galicia apostou pola información ás galegas e galegos retornados a través dun portal dixital e da creación dunha Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, tal e como se recolle no balance da Estratexia Galicia Retorna.

 

Deste xeito, creouse unha canle única de información e asesoramento dixital, o Portal Retorna, que foi pioneira en España e contou xa, dende 2018, con máis de 100.000 visitas. O portal, https://emigracion.xunta.gal/actividade/retorna, atópase enmarcado dentro da web da Secretaría Xeral da Emigración, e ofrece unha canle única tanto de información e asesoramento como de contacto coa Administración autonómica galega. 

 

Por outra banda, tamén se apostou pola información presencial e telefónica, a través da creación da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, descentralizada nas catro provincias galegas, que tamén é pioneira en España, cofinanciada polo Fondo Social Europeo. Conta con persoal especializado e céntrase en informar e asesorar ás galegas e galegos do exterior cara a favorecer o retorno, así como acompañalos, a eles e ás e aos seus familiares, na tramitación de temas relativos á educación, formación, laboral e social, asesorando tamén no eido da estranxeiría, ofrecendo apoio continuo, tanto presencial como telemático. 

 

No primeiro ano de vida desta nova oficina, a pesar da pandemia da covid-19, asesorouse e fíxose seguimento a máis de 3.500 familias, sendo xa na actualidade máis de 6.500 as que recibiron atención por parte do persoal técnico que traballan nestas oficinas da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Lugo e Ourense, e dando resposta a máis de 25.000 consultas. 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas