GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O balance da Estratexia Galicia Retorna destaca que a idade media das e dos emprendedores retornados é de 41,5 anos

(13/12/2021)

O balance da Estratexia Galicia Retorna destaca que a idade media das e dos emprendedores retornados é de 41,5 anos

O 49% do total de beneficiadas e beneficiados das axudas ao retorno emprendedor teñen menos de 40 anos. 

 

Cabe destacar que, precisamente, entre as e os menores de 40 anos beneficiados por estas axudas, o 57% naceron en Galicia.

 

O 45% das emprendedoras e emprendedores que puxeron en marcha unha iniciativa empresarial fixérono nun concello do rural galego.

 

De 2018 a 2021 a Xunta de Galicia destinou 3 millóns de euros ao programa de Axudas ao Retorno Emprendedor

De 2018 a 2021 a Xunta de Galicia destinou 3 millóns de euros ao programa de Axudas ao Retorno Emprendedor

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021.

 

O balance da Estratexia Galicia Retorna destaca que a idade media das emprendedoras e emprendedores retornados que solicitaron unha axuda a través da Secretaría Xeral da Emigración para a posta en marcha dunha iniciativa empresarial teñen unha idade media de 41,5 anos. O 49% do total ten menos de 40 anos.

 

A Xunta de Galicia destinou, dende 2018 a 2021, 3 millóns de euros a través das Axudas ao Retorno Emprendedor co obxectivo de facilitar a posta en marcha de 500 iniciativas empresariais de galegas e galegos retornados na comunidade autónoma. 


 
Estas axudas forman parte das accións específicas da Estratexia Galicia Retorna que puxo en marcha a Secretaría Xeral da Emigración en 2018 e que se prorrogou por mor da covid-19 ao longo do presente 2021.  

 

Entre os datos que cómpre destacar atópase o feito de que a idade media das galegas e galegos que retornan e poñen en marcha un proxecto empresarial solicitando unha destas axudas é de 41,5 anos, aínda que contamos con emprendedoras e emprendedores que van dende os 19 ata os 79 anos. 

 

Ademais, cabe tamén facer referencia a que o 51,4% das e dos emprendedores retornados que solicitaron estas axudas naceron en Galicia e decidiron volver para poñer en marcha unha empresa ou unha iniciativa emprendedora. Entre as e os menores de 40 anos beneficiados por estas axudas, a cifra dos que naceron en Galicia crece ata o 57%.    

 

Por outra banda, entre os datos obtidos do balance atópase que o 45% dos emprendedores e emprendedoras que puxeron en marcha unha iniciativa empresarial fixérono nun concello do rural galego.

 

Esta liña de subvencións ten como fin favorecer o retorno á nosa comunidade autónoma das galegas e galegos residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.  

 

As axudas son de 5.000 euros, aumentables en 1.000 se a beneficiaria é muller e outros 2.000 se se pon en marcha nun concello rural. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas