GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración facilitou a integración social en Galicia a case 6.200 persoas a través das Axudas Extraordinarias ao Retorno

(23/11/2021)

A Secretaría Xeral da Emigración facilitou a integración social en Galicia a case 6.200 persoas a través das Axudas Extraordinarias ao Retorno

Esta liña, á que se destinaron 4,6M€ dende 2018 ata 2020, forma parte das accións  sociais específicas da Estratexia Galicia Retorna. 

 

O 35% das familias galegas retornadas beneficiarias destas axudas contan con fillas e fillos menores de idade.

 

En total, beneficiáronse destas axudas un total de máis de 2.000 familias de galegas e galegos retornados que acubillan a 6.200 persoas

En total, beneficiáronse destas axudas un total de máis de 2.000 familias de galegas e galegos retornados que acubillan a 6.200 persoas

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021.

 

A Xunta de Galicia destinou, dende 2018 a 2020, 4,6 millóns de euros a través das Axudas Extraordinarias ao Retorno co obxectivo de facilitar a integración social na comunidade autónoma de case 6.200 persoas pertencentes a familias galegas retornadas do exterior.  

 

As Axudas Extraordinarias ao Retorno forman parte das accións específicas da Estratexia Galicia Retorna que puxo en marcha a Secretaría Xeral da Emigración en 2018 e que se prorrogou por mor da covid-19 ao longo do presente 2021. O pasado xoves, 18 de novembro, o Consello da Xunta foi informado do balance da estratexia.

 

Entre os datos que caben destacar atópanse as axudas sociais directas que facilitan o retorno de galegas e galegos de exterior a través das Axudas Extraordinarias ao Retorno, ás que se destinaron 4,6 millóns de euros entre 2018 e 2020, ampliándose en 2021 a través dunha liña específica para paliar os efectos  e dificultades de inserción sociolaboral provocados pola pandemia. 

 

En total, beneficiáronse destas axudas un total de máis de 2.000 familias de galegas e galegos retornados que acubillan a 6.200 persoas, que contan cunha idade media de 38 anos. O 35% destas familias contan con fillas e fillos menores de idade, aos que se lle deu unha achega específica por isto.

 

Deste xeito, as axudas teñen coma obxectivo facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno. Os beneficiarios e beneficiarias son as persoas que residindo fóra de España con nacionalidade española, se establecen na comunidade autónoma galega, tanto as e os nados na propia comunidade autónoma como as e os seus cónxuxes ou descendentes. A maiores, deben contar tamén co empadroamento en Galicia e ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno.

 

As contías máximas son de 6.000 euros, dependendo do número de persoas que conformen a unidade familiar e da súa situación social, como pode ser a idade, a dependencia ou os fillos e fillas menores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas