GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O concurso “Cousas do Retorno”, convocado por AJERGA, xa ten gañadoras

(22/11/2021)

O concurso “Cousas do Retorno”, convocado por AJERGA, xa ten gañadoras

 

 Galicia Cousas do retorno web

A Rexión Internacional 22/11/2021 


O concurso “ Cousas do Retorno” xa ten gañadoras


Coa idea de (re)descubrir a identidade, historia e cultura de Galicia desde a óptica do emigrante retornado, AJERGA fixo público o fallo do xurado no certame artístico.

Celebrouse en Santiago o acto no que a Asociación de Mozos Emigrantes Retornados en Galicia – AJERGA – desvelou as gañadoras do concurso “Cousas do Retorno”. O certame estaba dirixido a todos os emigrantes retornados coa idea de visibilizar a historia, aínda por narrar, de todos aqueles emigrantes e descendentes que retornaron a Galicia.

No concurso participaron máis de 60 obras chegadas de Galicia pero tamén de países como Arxentina, Polonia, Uruguai, Chile, México, Venezuela ou Porto Rico. Finalmente, o xurado composto por Xesús Fraga, recente premio nacional de narrativa, Nacho Muñoz e Amaia Roldán, entregou os seguintes premios:

• Premio ao mellor relato breve: Macarena Iglesias Gualati por “O Eterno Retorno”

• Premio á mellor peza audiovisual: Nelly Fortes González por “A escaleira”

• Premio á mellor obra plástica ou fotografía: Loreley Ritta Cardero por “Algúns nacen con estrelas”

O acto, no que tamén participaron o Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez e a Subdirectora Xeral de Retorno, María Begoña Solís Domínguez, estivo precedido por unha exposición na que se mostraron algunhas das obras recibidas. Como sinalan desde a asociación, “os xeitos de vivir, sentir e representar a galeguidade reescríbese cada día en todo o mundo. E esta exposición é unha manifestación que busca que cada historia persoal conte unha parte dun todo imposible.”

María Belén Rosbier, presidenta de AJERGA, fixo un repaso pola historia da asociación, que “naceu nas nosas mentes cando chegamos a Galicia e botamos en falta as nosas redes. Nacemos pola necesidade de xuntarmos e compartir experiencias, de sentirmos recoñecidas no outro.” Sinalou tamén que “cando bautizamos a asociaicón case dubidabamos ata do noso nome. Migrantes? Emigrantes? Inmigrantes? Retornados? Que é o retorno, se chegamos a un lugar do que nunca marchamos? “ - preguntouse.

O concurso tomou o seu nome das “Cousas” de Castelao (escritas entre 1919 e 1926), que foron un conxunto de relatos breves que interpretaban a realidade galega e o seu tempo publicados poucos anos antes de que o autor iniciase o seu exilio en Latinoamérica. El nunca puido retornar, pero si moitos fillos e netos de galegos, que agora lle renden homenaxe desta forma.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas