GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O presidente da Xunta participou este mediodía no encontro 'Retorno Emprendedor: Programa Merlo'

(27/10/2021)

Feijóo destaca que as Axudas ao Retorno Emprendedor impulsaron desde a súa posta en marcha máis de 500 proxectos cunha mobilizaron de 25 millóns de euros

Precisa que estas axudas, que contan cada vez con máis demanda, oscilan entre os 5.000 e os 8.000 euros, segundo o proxecto emprendedor.

 

Lembra que o Goberno galego aprobou en 2018 a Estratexia Galicia Retorna, dotada con 280 millóns de euros e cunha batería de máis de medio centenar de medidas.

 

O presidente da Xunta participou este mediodía no encontro 'Retorno Emprendedor: Programa Merlo'

O presidente da Xunta participou este mediodía no encontro "Retorno Emprendedor: Programa Merlo"

 

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2021.

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que as Axudas ao Retorno Emprendedor, que contan cada vez con máis demanda, impulsaron desde a súa posta en marcha máis de 500 proxectos, cunha mobilización de 25 millóns de euros.

 

Durante o encontro Retorno Emprendedor: Programa Merlo, Feijóo precisou que as axudas oscilan entre os 5.000 e os 8.000 euros, segundo o proxecto emprendedor. “E todas elas están a servir para apoiar a retornados dos cinco continentes e de 40 países; a emprendedores cuxa media de idade é de 41 anos; e a retornados que están a emprender en sectores como a hostalería e o comercio, pero tamén en eidos relacionados coa industria 4.0, o naval, o téxtil, as telecomunicación ou os servizos”, dixo, a modo de resumo.

 

Nesta mesma liña, resaltou o apoio que para os retornados e retornadas supón o programa de mentores Merlo que, en colaboración coa Fundación Ronsel, axuda a orientar ás e aos retornados no seu proxecto. “Cómpre salientar que dous de cada cinco inscritos contan cun máster no seu currículo, o que amosa a súa excelencia”, gabou.

 

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta lembrou que o Goberno galego aprobou en 2018 a Estratexia Galicia Retorna, dotada con 280 millóns de euros e cunha batería de máis de medio centenar de medidas. Ademais de destinar nos últimos dous anos 10 millóns de euros en apoios ás galegas e galegos retornados a través de: axudas ao autoemprego; axudas extraordinarias de carácter social e de apoio pola pandemia; e nas bolsas excelencia académica BEME, que teñen beneficiado xa a 700 retornadas e retornados para cursar un máster nalgunha das tres universidades galegas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas