GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Morre un dos seis nenos evacuados desde unha patera a 200 quilómetros de Gran Canaria

(25/10/2021)

Morre un dos seis nenos evacuados desde unha patera a 200 quilómetros de Gran Canaria

 

La Voz REDACCIÓN

 

Evacuación de una de las personas que viajaban en una patera hacia Gran Canaria

Evacuación dunha das persoas que viaxaban nunha patera cara a Gran Canaria Quique Curbelo | EFE

 

O menor sufría un cadro importante de deshidratación e hipotermia cando foi rescatado. Levaba entre unha e dúas semanas no océano

 

25 oct 2021 .

 

Un dos seis nenos evacuados este domingo en helicóptero a un hospital de Gran Canaria desde unha patera localizada ao sur da illa cun cadro importante de deshidratación e hipotermia faleceu, segundo informou o 112 de Canarias .

 

A patera fora localizada a uns 200 quilómetros de Gran Canaria e recibiu a axuda da Guardamar Polimnia. Debido á precaria situación dos seus 54 ocupantes, homes, mulleres e nenos de orixe subsahariana, Salvamento organizou o traslado urxente por vía aérea dos oito máis graves: dous bebés, outros catro menores e dous adultos.

 

Á súa chegada a terra, os dous adultos foron ingresados nos hospitais Doutor Negrín e Insular de Las Palmas de Gran Canaria e os cinco menores sobreviventes, derivados ao Materno Infantil.

 

Os outros 44 ocupantes desembarcaron preto de medianoite no porto de Arguineguín coa Guardamar Polimnia. Trátase de 22 mulleres adultas, 21 homes e unha menor duns dez ou once anos, segundo indicaron a Efe fontes dos servizos de urxencia. Segundo os seus primeiros testemuños en terra, levaban entre unha e dúas semanas no océano. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas