GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xesús Fraga, premio Nacional de Narrativa 2021: «A emigración está ateigada de grandes mulleres, valentes, ás que lles debemos tanto»

(15/10/2021)

Xesús Fraga, premio Nacional de Narrativa 2021: «A emigración está ateigada de grandes mulleres, valentes, ás que lles debemos tanto»

 

VÍTOR MEJUTO

 

O xornalista de La Voz faise co galardón coa novela «Virtudes (e misterios)»

 

15 oct 2021 .

 

Fala o escritor e xornalista de La Voz Xesús Fraga (Londres, 1971) en Virtudes (e misterios), a novela editada por Galaxia que onte o converteu en Premio Nacional de Narrativa, de dúas xeracións de mulleres bravas: a súa avoa e a súa nai. Reflicte nelas a valentía en tempos hostís e faino sen gota de idealización, contando o de tantos dende o seu. O xurado do galardón destaca deste relato familiar a súa particular habilidade para mostrar a migración -aquí, a galega cara Inglaterra e América- cos seus claros e os seus escuros, dende as súas dúas marxes: a dos que marchan e a dos que se quedan. Tamén, dende a perspectiva dos que fican a cabalo entre dous mundos.

 

 

—É autobiográfica no sentido de que é a miña ollada a que relata a historia da miña familia, pero son eles, os meus parentes, os verdadeiros protagonistas: a miña presenza sería máis ben un retrato indirecto. A partir das miñas lembranzas e de conversas con eles fun armando a novela, cun respecto escrupuloso ao que recordaba e o que me contaron, así que a fabulación queda acoutada aos meus posibles fallos de memoria e esas preguntas da imaxinación que se interesan polo que puido ser e non chegou a ser.

 

—Gardouse algo ante o lector? Houbo algo que tiña intención de contar e finalmente non puido, non foi capaz ou non quixo?

 

 

—É esta unha desas historias persoais locais que tamén é universal.

 

—Deixando a un lado o feito de que en Galicia case non hai ninguén que non vivise, directa ou indirectamente, a emigración, creo que esas ideas de esgazamento e desprazamento son comúns a moitas persoas. Chegáronme cartas de lectoras que tamén pasaron pola emigración para relatarme que se identificaran coa experiencia que contaba, sobre todo a da miña avoa e de miña nai, e iso é algo do que me sinto moi contento, o de compartir uns episodios tan particulares da miña familia e conectar con outras distintas pero coas que gardaban tanto en común.

 

 

—Parece unha obviedade, pero non por iso deixa de ser menos certo: quen marcha e quen volve xa non é a mesma persoa, porque a emigración adoita ser unha experiencia con pegada. E o país que se deixa atrás tamén se transforma. Nesas disonancias pode darse ese desacougo de verse nin de aquí ni de alá, pero se un consigue verse tanto dun sitio como doutro a lectura positiva é moito maior. O caudal, e falo tamén no sentido emocional e intelectual, do retorno da emigración é moi grande e moitas veces está desatendido ou agochado.

—Coñeceu a moitas mulleres coma a súa avoa? Cales das súas verbas lle chegaron máis? 

 

—As nosas avoas sempre son únicas para nós, pero a emigración está ateigada de grandes mulleres, valentes, ás que lles debemos tanto. Falando dela en concreto, marabillábame a súa mestura de galego popular e inglés, con moitos «anyways» ou, sobre todo, expresións inesquecibles como «fucking merda».

 

—Cando decidiu converter as mulleres da súa familia en material de novela? Falan da súa  narrativa como una mestura de Rosalía e Natalia Ginzburg. Quen diría que son as súas nais e avoas literarias?

 

 

—Que sentiu ao recibir a chamada do ministro comunicándolle o premio? A quen chamou en primeiro lugar?

 

—Foi unha sorpresa, loxicamente. Mentres falaba con el sentía un formigo nos dedos… Foi moi bonito poder compartilo coa familia e ver tamén a alegría de miña nai, que sempre me apoiou moito no proxecto, aínda que non leu unha liña do libro ata que se publicou: sempre tivemos, e temos, unha relación grande de respecto e independencia.

 

 

—Aínda é cedo para sabelo e imaxino que será de asimilación lenta, pero gustaríame que actuase como un estímulo para avanzar noutros proxectos literarios que teño paralizados por falta de tempo e que tamén consiga abrir novos espazos e canles para ampliar público lector.

 

—Que significa para vostede que este premio sexa para unha novela en galego e, ademais, tan galega?

 

—Creo que dende o 2003 non se distinguía unha novela escrita en galego, polo que é outra alegría máis que leva aparellado o premio. As relacións de lectura e visibilidade entre as literaturas das linguas cooficiais son complexas e estes premios poden ser unha chamada de atención para interesarnos máis polo que estamos a escribir dende os nosos idiomas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2021
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas