GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración e a USC dan a benvida ás e aos novos alumnos das bolsas BEME que estudiarán un mestrado no Campus de Lugo

(01/10/2021)

 

Emigración e a USC dan a benvida ás e aos novos alumnos das bolsas BEME que estudiarán un mestrado no Campus de Lugo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a vicerreitora do Campus de Lugo, Monserrat Valcárcel, saudaron aos 20 galegos e galegas do exterior que obtiveron a Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior nas facultades lucenses nun acto de benvida que tivo lugar na Facultade de Humanidades.

 

En total, 200 mozas e mozos galegos residentes no exterior ou descendentes de galegas e galegos cursarán un mestrado nunha das tres universidades galegas durante o presente curso. 

 

A xornada informativa celebrouse na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela

A xornada informativa celebrouse na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela

 

Lugo, 30 de setembro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a vicerreitora do Campus de Lugo, Monserrat Valcárcel, presidiron o acto de benvida aos 20 novos alumnos e alumnas que obtiveron a Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que tivo lugar hoxe na Facultade de Humanidades.

 

Deste xeito, a Secretaría Xeral da Emigración e a USC saudaron a estes 20 mozos e mozas do exterior, tanto galegas e galegos residentes fóra das nosas fronteiras como descendentes de galegas e galegos, que obtiveron unha das 200 bolsas que oferta o departamento autonómico para realizar mestrados nunha das tres universidades galegas durante o presente curso.

 

Durante o acto, ademais de manter un encontro presencial coas e cos 20 novos alumnos, tamén se lles aportou información tanto sanitaria como de trámites administrativos, de cara a que poidan solucionar os diferentes problemas aos que se enfrontarán ao longo destes meses durante a súa estancia en Galicia.

 

Deste xeito, un técnico da Consellería de Sanidade ofreceulles unha charla sobre a normativa covid actual en Galicia, así como sobre a vacinación, e posteriormente, persoal da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado, informoulles das diferentes cuestións burocráticas a xestionar na nosa comunidade autónoma, como o empadroamento, a xestión do DNI ou da tarxeta sanitaria. 

 

Os novos bolseiros e bolseiras BEME tamén puideron coñecer a membros da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia, que os poderán asesorar e acompañar durante os próximos meses nesta nova etapa educativa.

 

As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior ampliáronse este ano, pasando das 150 o ano anterior ás 200 desta quinta edición. O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros a este programa co fin de impulsar a captación de universitarias e universitarios galegos de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poden así cursar un mestrado nalgunha das tres universidades galegas, cunha axuda económica que vai entre os 7.000 e os 11.475 euros. 

 

Entre as e os beneficiarios deste ano atópanse galegas e galegos procedentes de máis de 20 países, aínda que hai países cun maior número de alumnado, como Arxentina, Venezuela, Brasil, Cuba, Reino Unido, Alemaña ou Suíza.

 

  • Audio: Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración | Descargar

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas