GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración xa supera as mil axudas extraordinarias a familias retornadas no ecuador do período de presentación de solicitudes

(17/08/2021)

Emigración xa supera as mil axudas extraordinarias a familias retornadas no ecuador do período de presentación de solicitudes

A Secretaría Xeral destina 2,2 millóns de euros a dúas liñas destinadas a paliar os problemas xerados pola pandemia entre as galegas e galegos retornados.

 

Imaxe de arquivo da Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno de Ourense

Imaxe de arquivo da Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno de Ourense

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu xa, no ecuador do período de presentación de solicitudes, 1.091 demandas de axuda dentro da liña de apoio ás galegas e galegos retornados para facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno e das dificultades da actual pandemia.

 

Este ano, coma novidade, dos 2,2 millóns de euros de orzamento, alomenos 500.000 destinaranse directamente a atender situacións de emerxencia derivadas da actual pandemia da covid-19.

 

Deste xeito, as axudas contan con dúas liñas, unha destinada a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno; e unha segunda, de alomenos 500.000 euros, que ten por finalidade apoiar á unidade familiar polas dificultades de inserción sociolaboral no contexto actual da pandemia. No primeiro caso, xa se presentaron 704 solicitudes e 387 no eido do apoio á unidade familiar.

 

As e os beneficiarios serían as persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, se establezan na comunidade autónoma galega, tanto as e os nados na propia comunidade autónoma como as e os seus cónxuxes ou descendentes. A maiores, deben contar tamén co empadroamento en Galicia e ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno. No caso da primeira liña de axudas, a data de retorno debe estar fixada para o 1 de xaneiro de 2019, mentres para a segunda liña, as axudas poderán ser solicitadas por quen retornara a partir do 1 de xaneiro de 2018.

 

As contías máximas da primeira liña son de 6.000 euros e no caso da segunda liña de ata 3.000 euros, todo dependendo do número de persoas que conformen a unidade familiar. Iso si, hai que ter en conta que as liñas son incompatibles. 

 

O prazo de presentación é ata o próximo 30 de setembro inclusive. 

 

As persoas interesadas poden consultar máis datos nesta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas