GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración actualiza o seu espazo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con contidos relacionados coa historia cultural de Galicia

(12/08/2021)

Emigración actualiza o seu espazo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con contidos relacionados coa historia cultural de Galicia

Esta semana descubriremos a historia dos horrea galaicos do Castro da Acea, escoitaremos a Lucía Pérez, pasearemos polo Camiño da Geira e poderemos gozar coa representación da Foliada na Vila.

 

Pódense visionar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, Ciencia e historia de Galicia, Música e Artes escénicas.

 

Gerês-Xurés no Camiño da Geira e dos Arrieiros

Gerês-Xurés no Camiño da Geira e dos Arrieiros

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración segue a difundir, a través da súa plataforma web (GaliciaAberta – https://emigracion.xunta.gal), os contidos audiovisuais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, co obxectivo de que as galegas e galegos do exterior poidan desfrutar destes contidos musicais, culturais e cinematográficos que lles acerquen máis a Galicia.

 

Nesta ocasión achegámonos, no capítulo de Ciencia e historia galega, ata os horrea galaicos do castro da Acea cun documental de Xoel Méndez. Conta aquí a historia dos celeiros palafíticos ou depósitos para gardar o gran elevados no chan por pés de pedra que foron achados en varios castros espallados pola xeografía galega e que podemos entender como os antecedentes máis antigos do que hoxe é un hórreo.

 

En canto ás Artes escénicas, destacar a proposta de aCentral Folque, que representa a Foliada na vila e Muiñeira Floreada. No capítulo musical, Lucía Pérez ofrécenos o tema Rosiña do mes de maio, que foi interpretado e gravado durante a época de confinamento na pandemia.

 

Finalmente, no eido do Xacobeo, destacamos o documental de María del Carmen Fernández Blanco, con versión en portugués e galego, destinado a dar a coñecer o Camiño denominado “da Geira e dos Arrieiros”, cunha especial énfase no seu percorrido pola serra do Xurés, guiados por unha peregrina que irá obtendo as credenciais para a compostela. 

 

Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral da Emigración tenta achegar á nosa colectividade do exterior os contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico que forman parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, de cara a promocionar a nosa lingua e cultura entre os galegos e galegas do exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas