GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pilar Cancela será a nova secretaria de Estado de Cooperación Internacional

(21/07/2021)

Pilar Cancela será a nova secretaria de Estado de Cooperación Internacional



AME4625. BUENOS AIRES (ARGENTINA), 18/06/2019.- La diputada española por el Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Pilar Cancela participa este martes en un homenaje al PSOE por su 140 aniversario en un acto en el Congreso de la Nación en Buenos Aires (Argentina). EFE/Rodrigo García
Pilar Cancela é a nova secretaria de Estado de Cooperación Internacional. Arquivo. Foto EFE/Rodrigo García


A Rexión Internacional 20/07/2021

Axencia EFE


O Consello de Ministros aprobou o nomeamentos do novo equipo do Ministerio de Asuntos Exteriores designado polo novo ministro, José Manuel Albares, quen cambia a tres secretarios de Estado e de cinco novos directores xerais do Ministerio.

Na cerimonia, que terá lugar mañá no Palacio de Santa Cruz, prometerán os seus cargos a nova secretaria de Estado de Asuntos Exteriores e Globais, Ángeles Moreno; a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela, e o secretario de Estado para Iberoamérica, o Caribe e o Español no Mundo, Juan Fernández Trigo.

Albares só mantivo no seu cargo ao secretario de Estado para a UE, Juan González-Barba, e ascendeu a número dous do Ministerio a Moreno, quen estaba á fronte da secretaría de Estado de Cooperación coa anterior ministra, Arancha González Laya.

Albares mantén así o equilibrio de dúas mulleres e dous homes á fronte das Secretarías de Estado.

No segundo nivel de cargos do Ministerio tamén se producen grandes cambios nesta nova etapa, incluído o da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio, que ocupará Rosa Velázquez.

A directora xeral de Protocolo, Cancillería e Ordes, María Sebastián de Erice; o director xeral do Gabinete do Ministro, Diego Martínez; o director xeral para América do Norte, Europa Oriental, Asia e Pacífico, Javier Salido; o director xeral para Iberoamérica e o Caribe, Xavier Martí, e o sirector Xeral para o Magreb, África, Mediterráneo e Oriente Próximo, Alberto José Ucelay, tamén tomarán posesión do seu cargo mañá.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas