GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O secretario de Estado da España Global explica en Roma as claves da estratexia exterior española

(09/07/2021)

O secretario de Estado da España Global explica en Roma as claves da estratexia exterior española


Crónicas da Emigración

Redacción, Roma | 8 de xullo de 2021


Manuel Muñiz en Roma 1

Manuel Muñiz –2º pola izda.–, no seminario organizado no Istituto Affari Internazionali.


O secretario de Estado da España Global, Manuel Muñiz, viaxou a Roma para avanzar na súa axenda de viaxes oficiais nos que está a compartir con gobernos, organismos internacionais, centros de pensamento, medios de comunicación e sociedade civil as liñas mestras da Estratexia de Acción Exterior española aprobada polo Consello de Ministros para o próximos catro anos.

Na súa reunión co subsecretario de Estado do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación do Goberno italiano, Benedetto Della Vedova, Manuel Muñiz intercambiou reflexións en materia de posicionamento estratéxico internacional e repasaron os puntos crave da nova Estratexia de Acción Exterior española e da Estratexia Nacional de Tecnoloxía e Orde Global que está a elaborar o Ministerio.

Como Muñiz explicou a Della Vedova, o primeiro documento, aprobado polo Consello de Ministros, é a “folla de roteiro coa que España se posiciona ante os retos que se expoñen no ámbito internacional”, cunha atención especial ao reforzo do multilateralismo e as relacións con “socios de primeira orde europeos como Italia, un país co que, ademais de infinidade de lazos culturais e intereses comerciais en común, temos uns obxectivos moi similares”.

Respecto a a Estratexia Nacional de Tecnoloxía e Orde, documento que está a ultimar España Global e que contou con achegas de expertos nacionais e internacionais, Muñiz e Della Vedova coincidiron na necesidade de impulsar a diplomacia tecnolóxica e de estar preparados para o impacto das novas tecnoloxías nas relacións internacionais.

Os retos da migración e a recuperación da mobilidade internacional segura tamén foron obxecto de intercambio de impresións. Ambos os responsables sinalaron a necesidade de avanzar no reforzo das axencias sanitarias europeas existentes, como o ECDC ou a EMA, que demostraron ser claves para a xestión do Covid.

A Estratexia de Acción Exterior no Istituto Affari Internazionali

Durante a súa visita, Manuel Muñiz tamén mantivo un encontro con representantes da prensa italiana na Embaixada de España, con quen compartiu as claves da estratexia exterior española e aclarou outras cuestións de actualidade como as relativas á mobilidade internacional e a oportunidade económica que co Plan de Recuperación e Resiliencia afronta España.

O secretario de Estado da España Global realizou unha visita á Real Academia de España en Roma xunto á súa directora, María Ángeles Albert de León. Unha institución coa que España impulsa o talento de investigadores e creadores culturais españois, italianos e latinoamericanos. A Real Academia contribúe de maneira significativa á proxección da imaxe internacional de España e á creación de vínculos con Italia. Para fomentar este labor, o Goberno de España declarou á Academia acontecemento de excepcional interese público ata 2023, ano no que celebrará o 150 aniversario da súa fundación.

Por último, Muñiz debullou o presente e futuro da acción exterior española no seminario organizado no Istituto Affari Internazionali (IAI) de Roma, onde tamén repasou o impacto positivo dos fondos de recuperación europeos en España e Italia e outros asuntos de actualidade internacional.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas