GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración publica a lista definitiva dos 200 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)

(06/07/2021)

Emigración publica a lista definitiva dos 200 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)

Ademais tamén publicou a lista dos 100 suplentes así como a os 170 excluídos por non completar a documentación requerida.

 

Os beneficiarios que desexen obter a beca teñen ata o 5 de agosto para presentar o xustificante de matrícula nun dos mestrado que ofrecen as tres universidades galegas.

 

A mediados de agosto publicarase unha nota informativa na web da Secretaría Xeral coas listaxes das persoas beneficiarias dunha bolsa e dos suplentes desta convocatoria.

 

Emigración publica a lista definitiva dos 200 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)

Emigración publica a lista definitiva dos 200 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2021.

 

A Secretaria Xeral da Emigración informa da publicación hoxe na súa páxina web, dos "Listados definitivos de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas" das Bolsas para a Mocidade do Exterior (BEME), mediante as que universitarios galegos do exterior poden realizar mestrados nas tres universidades galegas.

 

Tamén foi publicada a lista dos 100 suplentes así como a os 170 excluídos por non completar a documentación requerida.

 

Para poder chegar a ser beneficiario/a da bolsa débese acreditar estar matriculado nun mestrado universitario dos ofertados na convocatoria de bolsas. O prazo para enviar o xustificante de matrícula a través da plataforma de bolsas finaliza o 5 de agosto de 2021 ás 23:59 h (hora peninsular española).

 

As 200 persoas da lista definitiva de persoas candidatas, sempre que acrediten estar matriculadas nun mestrado dentro do prazo sinalado pasarían a ser beneficiarias da bolsa. Do mesmo xeito, as persoas que figuran na lista definitiva de 100 candidatos suplentes, sempre que acrediten estar matriculadas neste mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que houbese vacantes porque persoas da lista de admitidos definitiva non se matriculasen ou desistisen da súa solicitude de bolsa.

 

Por outra banda, se algunha persoa da lista definitiva de candidatos ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito para renunciar de cara a non prexudicar a outros candidatos da lista de suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros.

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante.

 

A mediados de agosto publicarase unha nota informativa na web da Secretaría Xeral coas listaxes das persoas beneficiarias  dunha bolsa e dos suplentes desta convocatoria de BEME 2021.

 

Esta é a quinta edición das bolsas Beme que este ano contarán cun aumento de prazas ata chegar as 200. O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación de universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas